O Oural é un apeadoiro de Adif, situado no Oural, no concello de Sarria, provincia de Lugo. Actualmente non presta servizos de pasaxeiros.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 386,5 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A CoruñaRede ferroviaria española Ministerio de Fomento., entre as estacións de Rubián e de Sarria. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia A estación foi aberta ao tráfico o 12 de xullo de 1882 coa posta en marcha do tramo Sarria-Oural da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña por parte do Estado.Cronoloxía básica do ferrocarril español de vía ancha Fundación de los Ferrocarriles Españoles
Dende 2002 non ten servizos de pasaxeiros.Os trens rexionais de Renfe non paran en cinco estacións aínda que haxa pasaxeiros
A estación O edificio para viaxeiros é de base rectangular e unha altura. A estación dispón de cinco vías e dúas plataformas, unha lateral e outra central entre as dúas vías máis próximas ao edificio. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif
Oural Categoría:Sarria