O afar (qafar) é unha lingua cuxita falada en Etiopía, Eritrea e Djibuti por 1,4 millóns de persoas (censo de 2007), do pobo afar.
Distribución xeográfica Fálase na rexión de Afar, situada no leste de Etiopía, no norte e centro de Djibuti (na capital está en regresión), e en Eritrea na provincia do Sur do Mar Vermello.
Falantes 1 439 000 (2001) Etiopía: 979.367 Djibuti: 300.000 Eritrea: 160.000
Dialectos Norte Centro Aussa Baadu
Escrita En 1814 Henry Salt na súa obra Voyage to Abyssinia, elabora a primeira lista de palabras afar. No século XIX e XX publícanse algúns libros de texto e relixiosos, en escritas baseadas no latín, no árabe e no etíope. En 1976 Hamad Abdallah (Dimis) e Jemal Abdulkadir Redo da Union pour le Développement Culturel de Djibuti crean o alfabeto afar (Qafar Feera), baseado no alfabeto latino A literatura actual esta composta principalmente por poesía (na súa maior parte de inspiración relixiosa) e contos inspirados na narrativa oral. Entre os autores destacan Cheikh Ay Farah Diné e Kabir Hamza Mahmoud
Uso social O afar é a lingua empregada polos afar, un pobo tradicionalmente nómade, tan só entre os afar de Assab (Eritrea) e Djibuti hai perda lingüística. Nos tres países hai programas de radio en afar, e en Djibuti realízanse informativos de televisión en afar. Na rexión afar de Etiopía o ensino é en afar ata o 4º grao, en Djibuti emprégase o afar só en preescolar.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en afar Ligazóns externas O afar no Ethnologue Wikipedia en afar, polo de agora sen artigos Curso de afar (en francés) Telexornal afar de Djibuti Portal da cultura afar (en francés e afar)
Categoría:Linguas cuxitas Categoría:Linguas de Djibuti Categoría:Linguas de Eritrea