dereita|200px|miniatura|Pequena estación meteorolóxica en Cedeira (Redondela)
As estacións meteorolóxicas teñen como finalidade rexistrar e axudar a previr o tempo atmosférico (temperatura, presión atmosférica, precipitacións, vento, radiación solar, humidade). Para medir todas estas variacións atmosféricas empréganse diferentes aparellos: Termómetro (temperatura), Barómetro (presión), Pluviómetro (precipitacións), Anenómetro (vento), Catavento (dirección do vento), Piranómetro (radiacións solares), Higrómetro (humidade).
Estes datos utilízanse para elaborar predicións meteorolóxicas.
As estacións meteorolóxicas deben de estar ó aire libre, aínda que hai algúns aparellos, os cales son introducidos nunha casiña ventilada, que precisan maior protección.
Galería de imaxes
Categoría:Meteoroloxía Categoría:Edificacións científicas