Xosé de Nazaret (en , transliterado Yosef‎) foi, segundo a relixión cristiá, o esposo de María, a nai de Xesús de Nazaret e, xa que logo, pai putativo de Xesús. Era de oficio carpinteiro,Véxase, por exemplo, Marcos 6:3, Mateo 13:55. Geza Vermes (Jesús el judío, páx. 26) pono, con todo, en dúbida, indicando que nestes pasaxes «carpinteiro» pode aparecer como sinónimo de sabio ou erudito, como ocorre nalgúns textos talmúdicos, bastante posteriores á morte de Xesús. Con todo, este sentido proposto por Vermes non parece corresponderse co contexto. profesión que lle ensinou ao seu fillo, e de extracción humilde, aínda que as xenealoxías de Mateo 1,1-17 e Lucas 3,23-38, fano descendente do rei David. Ignórase a data da súa morte (tradicionalmente, acéptase que morreu cando Xesucristo tiña máis de 12 anos), pero non está presente no relato evanxélico da predicación de Xesús, polo que se presume que morreu antes de que esta tivese lugar.

Orixes miniatura|Morte de San Xosé de Picón na igrexa de San Francisco de Santiago de Compostela. O Evanxeo de Mateu di que era fillo de Xacobe ou Iago, entrementres o Evanxeo de Lucas denomina ao seu pai Elí. Ámbolos dous evanxelistas dan a entender a extracción humilde de Xosé pero o presentan como membro dunha familia descendente de David co fin de anticipar o carácter mesiánico de Xesús Brown, R.E. The Birth of the Messiah. A Commentary on the Infancy Narratives in the Gospels of Mathew and Luke (Nova York, 1993). Carácter que se reafirma coa procedencia de Belén, a vila do mesmo Rei dos xudeus. Nos primeiros anos do Cristianismo, Paulo de Tarso reflicte nunha das súas cartas unha fórmula primitiva dun primeiro Credo: Xesús "naceu da estirpe de David por liña carnal" (Rom. 1, 3-3)

Algúns esexetas teñen manifestado o contraditorio destas xenealoxías se despois se afirma que Xosé non era o Pai biolóxico do Mesías.

Aínda que oriúndo de Belén, residía na diminuta aldea de Nazareth, constituída por pequenas e poucas casas de pallabarro e cavernas Crossan, J.D.Reed J.L., Excavating Jesus: Beneath the Stones, behind the Text (San Francisco, 2001).

Oficio miniatura|esquerda|Obradoiro de San Xosé na igrexa de Santo Agostiño en Santiago de Compostela. O seu oficio era de tekton, palabra grega que designa a un artesán humilde que facía portas, traballaba na construción de casas, reparaba sellas de montar.., e que un dos primeiros autores cristiáns e Pais da Igrexa, Xustino Mártir, identifica co oficio de carpinteiro. O propio Xustino asegura que nos seus días aínda existían aguilladas e arados construídos por Xosé e XesúsDialogus cum Tryphone Juadeos.

É posible que, tal como sospeita Schlatter, non existise traballo suficiente en Nazaret para un tekton, polo que sería factible que Xosé se desprazase con Xesús a traballar na helenizada e próxima cidade de Séforis. Especulación factible pero indemostrada. En todo caso, Xesús aprendería este oficio do seu pai dado que no xudaísmo rabínico tardío era obriga dun pai da condición social de Xosé ensinar un oficio manual ao seu fillo. Non ensinar a traballar era incumprir o mandamento de non roubar.Gnilka Joachim, Jesús de Nazaret, Mensaje e historia. Ed. Herder 1995, pp 97 e 98. ISBN 84-254-1807-0

Custodio de María e Xesús miniatura|San Giuseppe e Gesù Bambino, 1638 - 1640 , Guido Reni, Museum of Fine Arts, Houston, Texas. Xosé estaba desposado (prometido) con María de Nazareth, cando se decatou que esta estaba preñada. Angustiado e decepcionado, por resultarlle evidente que o embarazo non era del, resolveu repudiar a María en segredo. Sendo un home bo, segundo o Evanxeo de Mateu, procurou evitar a infamia e o grave risco de que María fose lapidada como unha adúltera consonte a Lei de Moisés. O historiador xudeu Joseph Klausner afirma que en Galilea se exercía un control estrito sobre as mociñas comprometidas, aínda que se cadra algo máis laxo que en Xudea.Klausner, Joseph, Jesús de Nazareth, su vida, su época, sus enseñanzas. Ed. Paidós 2006. pax. 291. ISBN 84-493-1834-3. Segundo as fontes cristiáns, será unha revelación obtida en soños a que lle fará permanecer ao carón de María.(Mt.1:19;20-24). Esta mesma revelación ordéalle que lle poña ao seu fillo o nome de Xesús (en hebreo Yehosua, que significa Deus libera ou Deus salva).

Por prescrición gobernativa, Xosé ten que trasladarse con María a censarse en Belén onde non atopan pousada para eles (Lucas 2:1-7) xusto cando a María se lle estaban esgotando os días para o parto. Este terá lugar nun *manxadoiro do gando. Como parte do kerigma do nacemento do salvador para os pobres e marxinados, o mesmo Evanxeo de Lucas describe a estampa da adoración polos pastores (xente marxinal e de escasa reputación na Xudea do século I). Xosé acollerá a eses abraiados e imprevistos visitantes. Como kerigma verbo da chegada dun salvador tamén para os pobos pagáns, o Evanxeo de Mateu recolle a chegada duns Magos de Oriente (os Reis Magos da tradición popular posterior) que lle ofrecen ouro, incenso e mirra. Segundo os Pais da Igrexa a mirra evoca o sufrimento, o incenso a divindade, e o ouro a realeza mesiánica Biblia de Xerusalén nota ao versículo 2. 11, pax. 1368, Ed. Desclee Brower, Bilbao 1988, ISBN 84-330-0022-5. Xosé terá tamén que recibir a tan ilustres estranxeiros Dunn, James D.G. Jesús recordado, el cristianismo en sus comienzos, pp 339-401 Evd, 2009 ISBN 978-84-8169-864-0

Ao pouco de nacer, Xosé coa súa muller, como xudeus piadosos, presentan ao seu fillo no Templo de Xerusalén, ficando Xosé abraiado do que alí lle proclama un servidor do Templo (Lucas 2:33). miniatura|A fuxida a Exipto na igrexa de San Paio de Antealtares en Santiago de Compostela. Por medo a unha anunciada persecución de Herodes, Xosé colle a súa familia e foxe axiña e apuradamente (de noite) a Exipto onde vive coma un refuxiado e fuxitivo. Segundo o Evanxeo de Mateu, perpétrase en Belén a "matanza dos inocentes", que buscaba acabar coa vida do seu fillo (Mt. 2, 13-18).

Morto Herodes, e mantendo toda a prevención fronte ao sucesor Arquelao, Xosé establece a súa familia na pequena aldea de Nazareth onde aprende ao seu fillo o seu propio oficio de carpinteiro ou artesán de ferramentas propias dos labores campesiños. As parábolas que máis tarde Xesús relataría reflicten unha vida labrega típica de Galilea. No Evanxeo de Marcos, os veciños de Nazareth cualifican a Xesús con desprezo como "o carpinteiro fillo de María" (Mc 6,3). Ademais do oficio de tekton e outros labores aldeás, Xosé instruiría a Xesús na Torá, aínda que probablemente fose un dos chamados polos xudeus "débiles da Torá" (o Talmud di que os israelitas de Xudea consideraban aos galileos estúpidos, paifocos e parvos de acento aldeá e entregados a hábitos rústicos)Klausner, Joseph. opus cit, pax. 290.

A derradeira aparición de Xosé no Evanxeo de Lucas é con ocasión do relato da desaparición de Xesús, xa preadolescente, perdido durante tres días cando volvían con María dunha peregrinación a Xerusalén con ocasión da Pascua. Segundo as palabras de María, recollidas por Lucas, a busca do neno foi angustiosa: ¿por qué nos fixestes isto?, teu pai e máis eu andabámoste a buscar anguriados. Nin Xosé nin María entenderon a resposta de Xesús. (Lc. 2, 41-50).

A paternidade e descendencia de Xosé As igrexas cristiáns, en consonancia coa crenza na virxindade de María, adoitan entender que Xosé non era o pai biolóxico de Xesús. O Evanxeo de Marcos fala de que os veciños de Xesús denominan a este pexorativamente "o carpinteiro fillo de María". Algúns esexetas apuntan a que esta maneira de identificar a un galileo pola filiación materna é un indicativo de que se cuestionaba a paternidade, o que pode ser un reflexo dun rexoubeo local acerca da ilexitimidade de Xesús (Stauffer, Lüdemann, Schaberg...)Ludemann G. Virgin Birth? The Real Story of Mary and her son Jesus Londres, 1998Schaberg, J, The Illigitimacy of Jesus: A Feminist Theological Interpretation of the Infancy Narratives, San Francisco, 1987. Algo que continúa no século II cando autores como Celso utilizan este feito para desacreditar a seita dos cristiáns. O Toldot Ieshu, un relato popular xudeu, tamén sosterá ilexitimidade de Xesús. O Evanxeo de Mateu coloca na xenealoxía de Xosé e, por extensión, de Xesús, a catro mulleres lembradas polas súas relacións sexuais irregulares: Tamar que seduciu a Xudá, Raxab a prostituta, Rut que seduciu a Boaz e Batxeba, seducida por David (Mt.1,3,5,6) Pola súa banda, no Evanxeo de Xoán fálase de Xesús como o fillo de Xosé, porén, como un xeito de desacreditar a súa posición, os seus rivais dialécticos lle replican que eles non son "fillos da prostitución" (a expresión en grego é porneia) (Xn. 8,41). miniatura|230px|dereita|San Xosé de Gambino na igrexa da Nosa Señora dos Remedios en Santiago de Compostela. Xosé tiña outros catro fillos: Santiago, (Santiago o Xusto), Xosé, Simón e Xudas, e polo menos dúas fillas, aos que os evanxeos denominan adelfós (Mt. 13,55 e Mc. 6,3), palabra grega que designa aos irmáns carnais Meier J. P.:Un judío marginal. Nueva visión del Jesús histórico. Tomo I: las raíces del problema y de la persona Edv.ISBN 978-84-8169. Os nomes dos seus fillos semellan indicar unha férrea piedade nidiamente xudía impermeable ao proceso de helenización que irradiaría da cidade próxima de SéforisHorsley R. A. Archeology, History and Society in Galilee: the social context of Jesus and the rabbis (Trinity, 1996) (nos propios evanxeos aparecen galileos con nomes gregos como André Apóstolo e Filipe Apóstolo). Téñase en conta que Galilea era un reduto insurreccional fronte a Roma e que os galileos eran "nacionalistas e amantes da liberdade" fronte calquera invasión Geza Vermes, Jesús el Judío, Muchnik editores, 1997, pax.51-53, ISBN 87-7669-309-5

O Evanxeo de Mateu di que Xosé non coñeceu a María ata que esta non deu a luz a Xesús (Mt. 1, 25). O que significa que despois tiveron unha vida conxugal normal, froito da cal serían os irmáns máis novos de Xesús, o primoxénito.Geza Vermes, El nacimiento de Jesús, opus cit, pax. 109 As igrexas protestantes non teñen problemas en aceptar esta proxenie biolóxica de Xosé e María.

Algúns evanxeos apócrifos, como o Protoevanxeo de Santiago ou a Historia de Xosé o carpinteiro, co fin de salvar a virxindade perpetua de María, entenden que estes fillos o eran dun anterior matrimonio e fan de Xosé xa un ancián cando casa en segundas nupcias coa moza María. Autores como Geza Vermes teñen apuntado que a identificación da palabra grega partenos con virxe é inaxeitada pois partenos significa muller nova e non necesariamente virxe. Sería a tradución da palabra hebrea almah (muller nova ou xove)Geza Vermes, El nacimiento de Jesús, opus cit. pax. 101.

O evanxeo apócrifo O nacemento de María, describe a elección de Xosé como prometido de María: esta servía dende moi nena no Templo e os sacerdotes decidiron buscarlle un home entre os viúvos de Xudea. Convocaron a estes para que o día convido se achegaran cada un co seu caxato que entregaron a un sacerdote. Cando, tras unha noite de oración, este devolveu os caxatos, do de Xosé agromou unha flor cuxo perfume asolagou o ambiente todoAntonio Piñero, Jesús. La vida oculta según los evangelios rechazados por la Iglesia. Ed. Esquilo. pp 48 e 49. ISBN 987-989-8092-04-5. Esta versión tivo unha gran difusión popular e influíu na máis coñecida iconografía de Xosé, que adoita ser representado cun caxato florido.

O máis plausible é entender, consonte os communiter contingentia, que Xosé tería ao casar uns 25 anos, e María ao redor de 15Gnilka Joachim, opus cit. pax. 96.