RocknRolla é un filme británico do 2008 escrito e dirixido por Guy Ritchie, e protagonizado por Gerard Butler, Thandie Newton, e Tom Wilkinson. Foi filmado en Londres e estreado o 5 de setembro de 2008 no Reino Unido, sendo un auténtico éxito de recadación nas primeiras semanas desde o lanzamento no Reino Unido. Fíxose unha estrea limitada o 8 de outubro de 2008 no Canadá e os Estados Unidos, sendo a estrea oficial o 31 de outubro. O DVD da película publicouse o 27 de xaneiro de 2009.

Estreouse en galego na TVG o 12 de xullo de 2013.

Argumento A noticia de que Uri Omovich (Karel Roden), un rico mafioso ruso, está montando un negocio de compravenda ilegal de terreos en Londres, fará que tódolos delincuentes da cidade queiran participar na operación. Todo comeza cando Uri pide a Lenny Cole (Tom Wilkinson), un peixe gordo da mafia de Londres, que se ocupe de tódolos trámites burocráticos e merque a un concelleiro (Jimi Mistry). Lenny confía a operación ó seu lugartenente Archy (Mark Strong). Pola súa parte, a contable de Uri, a fermosa Stella (Thandie Newton), decide levar a súa parte do botín e, para iso, contrata a dous mafiosos, que teñen contas pendentes con Lenny, para que rouben os cartos.

Personaxes miniatura|Membros do elenco de actores do filme no Festival de Toronto no 2008. Mark Strong como Archy Tom Wilkinson como Lenny Cole Toby Kebbell como Johnny Quid Gerard Butler como One-Two Tom Hardy como Handsome Bob Idris Elba como Mumbles Karel Roden como Uri Omovich Thandie Newton como Stella Dragan Mićanović como Victor Matt King como Cookie Geoff Bell como Fred Ludacris como Mickey Gemma Arterton como June Jeremy Piven como Roman Jimi Mistry como Concelleiro Robert Stone como Porteiro do pub Jamie Campbell Bower como Rockeiro

Banda sonora A banda sonora da películaRocknRolla Soundtrack at Amazon.co.uk foi publicada o 1 de setembro de 2008. Contén as seguintes cancións:

Dialogue Clip: People Ask The Question – Mark Strong "I'm a Man" - Black Strobe "Have Love Will Travel" – The Sonics Dialogue Clip: No School Like The Old School – Varios artistas "Bankrobber" – The Clash "The Trip" – Kim Fowley Dialogue Clip: Slap Him! – Varios artistas Ruskies – Steve Isles Outlaw – War Waiting For A Train – Flash And The Pan Dialogue Clip: Junkies – Varios artistas Rock & Roll Queen – The Subways The Gun – Lou Reed The Stomp – The Hives We Had Love – The Scientists Dialogue Clip: Sausage & Beans – Varios artistas Mirror In The Bathroom – The Beat Funnel Of Love – Wanda Jackson Such A Fool – 22-20s Dopilsya – EX SEKTOR GAZA Negra Leono – Miguelito Valdes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Website Oficial Entrevistas aos actores Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Guy Ritchie Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Dark Castle Entertainment Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes de 2008 con versión en galego