Rianxiño é un lugar da parroquia de Rianxo no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 299 habitantes (154 homes e 145 mulleres). Patrimonio
Neste lugar atópase a capela do Patrocinio, que presenta na fachada o escudo dos Mariño de Lobeira, no que se inspirou Castelao para deseña-lo escudo nacionalista de Galiza. Tamén, no mesmo lugar, levántase o pazo de Viturro, residencia da familia de Manuel Viturro Posse, afamado cacique local contra o que se significou Castelao na súa mocidade. Notas
Lugares e parroquias Lugares de Rianxo
Parroquias de Rianxo
Categoría:Lugares de Rianxo