O Carril foi unha estación, posteriormente reconvertida en apeadoiro, de RENFE no lugar do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa. Está situada na liña A Coruña-Vigo e actualmente non presta servizos de pasaxeiros. Historia miniatura|Estatutos y contrato para la construcción y esplotación del camino de hierro de Santiago al Puerto del Carril, 1863. O primeiro ferrocarril de Galicia foi inaugurado entre esta estación e Cornes (Conxo), o 15 de setembro de 1873. Na actualidade, consérvase o predio de viaxeiros, rehabilitado como museo do ferrocarril en 2006.
O 1 de novembro de 1992 fecharon os talleres de material remolcado anexos, que tiñan as súas orixes canda os da estación e que foran recuperados nos tempos da Guerra Civil española.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Estación de Cornes Estación de Vilagarcía de Arousa Lista de estacións de tren de Galicia Red Nacional de los Ferrocarriles Españoles
Ligazóns externas Vídeo: "NUEVA ESTACION Y TALLERES RENFE VILAGARCIA"
Carril Categoría:Vilagarcía de Arousa