Interlingue ou occidental (chamado así entre 1922 e 1947) é unha lingua artificial creada por Edgar von Wahl, un dos primeiros esperantistas. Von Wahl naceu en Olviopol, hoxe Ucraína e entón provincia do Imperio ruso, no seo dunha familia de lingua alemá. Foi un dos pioneiros do esperanto e Ludwik Zamenhof seguiu os seus consellos. Sen formación académica específica, tiña instinto lingüístico. Oficial da mariña de guerra, optou polo bando tsarista na Revolución de 1917. Tralo triunfo dos soviets, exiliouse en Francia, cambiando o seu apelido por De Wahl. Descontento co esperanto, decidiu crear o seu propio proxecto, ao que chamou occidental. Publicou en 1922 o seu proxecto de lingua. Formulou a regra de Wahl. Conseguiu reunir un pequeno grupo de seguidores, que seguiría editando a revista Cosmoglotta ata os anos 1950. En 1947 decidiron cambiar o nome polo de Interlingue (non interlingua, nome usado por Peano para o seu "Latino sine flexione", e tamén por Alexander Gode no proxecto de IALA de 1953). Con todo, a asociación non volveu dar sinais de vida ata a década de 1990, a través de Internet.
Historia miniatura|O primeiro número de Kosmoglott (máis tarde Cosmoglotta), publicado ás présas tras o anuncio de que a Sociedade de Nacións estudaba o problema dunha lingua internacional.
Comezos As actividades do idioma e os seus usuarios poden verse a través da revista Cosmoglotta, a cal se empezou a publicar en 1922 en Tallin, Estonia, baixo o nome de Kosmoglott. A lingua que De Wahl anunciou aquel ano era o produto de anos de experimentos persoais baixo o nome de auli (de lingua auxiliar en inglés, auxiliary language), a cal usou entre 1906 e 1921 e gañou o sobrenome de proto-occidental. Durante o desenvolvemento do idioma, De Wahl explicou o seu enfoque nunha carta a un coñecido, o Baron de Orczy, escrita en auli:
De Wahl tamén se escribiu a miúdo co matemático italiano e creador do latino sine flexione, Guiseppe Peano, e foi apreciado pola súa selección de vocabulario internacional, escribindo que:
miniatura|dereita|Participantes nunha reunión de occidental en Viena, 1928: Engelbert Pigal, Karl Janotta, A. Deminger, Hanns Hörbiger, Eugen Moess, Franz Houdek, Johann Robert Hörbiger. miniatura|dereita|Encontro de usuarios da lingua occidental (interlingüe) en Viena en 1927. Tras o seu anuncio en 1922, Occidental estaba case completo. De Wahl non tivo a intención de anunciar o idioma durante algúns anos pero despois de escoitar que a Sociedade de Nacións (SDN) comezara unha investigación sobre a cuestión dun idioma internacional, decidiu acelerar a súa publicación e despois de recibir unha resposta favorable o ano anterior do Subsecretario Xeral da SDN, Nitobe Inazō, que adoptase unha resolución sobre o tema en 1921. A primeira publicación coñecida en Occidental, un folleto titulado Transcendent Algebra de Jacob Linzbach, apareceu pouco antes do debut de Kosmoglott.
O occidental comezou a reunir seguidores debido á súa lexibilidade, a pesar dunha completa falta de gramáticas e dicionarios. Dous anos máis tarde, en 1924, De Wahl escribiu que se estaba comunicando cunhas 30 persoas "en bo occidental" a pesar da falta de material de aprendizaxe. Dúas sociedades idistas adheríronse ao occidental no mesmo ano, unha en Viena (Austria) chamada IdoSocieto Progreso (rebautizada como Societé Cosmoglott Progress) e Societo Progreso en Brno (Checoslovaquia), que cambiou o seu nome a Federali (Federation del amicos del lingue international). O primeiro dicionario, Radicarium Directiv, unha colección de raíces occidentais e os seus equivalentes en oito idiomas, publicouse ao ano seguinte.
Kosmoglott tamén foi un foro para outros idiomas planeados, aínda que aínda estaba escrito principalmente en occidental. Ata 1924, a revista tamén estivo afiliada á Academia pro Interlingua, que promovía o Latino sine flexione de Peano. O nome cambiouse a Cosmoglotta en 1927 cando comezou a promover oficialmente o occidental en lugar doutros idiomas, e en xaneiro a oficina editorial e administrativa da revista trasladouse ao barrio de Mauer en Viena, agora parte de Liesing. Gran parte do éxito inicial do occidental neste período proveu da nova localización central da oficina, xunto cos esforzos de Engelbert Pigal, tamén de Austria, cuxo artigo Li Ovre de Edgar de Wahl ("A obra de Edgar de Wahl") xerou interese no occidental por parte de usuarios do ido. O uso en Francia comezou en 1928 e, a principios da década seguinte, a comunidade occidental estableceuse en Alemaña, Austria, Suecia, Checoslovaquia e Suíza.
Período de Viena e segunda guerra mundial miniatura|dereita|Postal con texto occidental creada en 1928 en Viena. O período de Viena estivo tamén marcado pola estabilidade financeira. Coa axuda de dous apoios principais, Hans Hörbiger, de Viena, e G.A. Moore, de Londres, a revista Cosmoglotta prosperou a pesar da crise económica. Despois da morte de ambos en 1931, a revista viuse forzada a depender de novo das ganancias xeradas polas subscricións e as republicacións..
O crecente movemento comezou a facer campaña de maneira máis asertiva a favor do occidental a principios da década de 1930, aproveitando a súa lexibilidade a primeira vista ao poñerse en contacto con organizacións como empresas, embaixadas, imprentas e a Liga de Nacións con cartas enteiramente en Occidental que a miúdo se entendían e contestaban. Esas cartas a miúdo incluían o pé de páxina Scrit in lingue international "Occidental" ("Escrito no idioma internacional Occidental"). Tamén se produciu un gran número de "documentos" numerados:ie:Sviss Association por Occidental neste momento para introducir o concepto dun idioma internacional e defender o occidental como a resposta á "torre de Babel" de Europa. Neste período realizáronse por primeira vez gravacións de occidental falado en discos de gramófono para a súa distribución.
Os anos de 1935 a 1939 foron particularmente activos para Cosmoglotta e publicouse unha segunda edición da revista. Orixinalmente titulada Cosmoglotta-Informationes,, pronto foi rebautizada como Cosmoglotta B, centrándose en elementos de interese máis interno como cuestións lingüísticas, informes do occidental nas noticias e actualizacións financeiras. A principios de 1936, sen contar os 110 números de Cosmoglotta e outras revistas e boletíns, existían un total de 80 publicacións en e sobre o occidental..
Pero os anos previos á Segunda guerra mundial expuxeron dificultades para o occidental e outros idiomas artificiais. Prohibíronse en Alemaña, Austria,Cosmoglotta B, 1945, p. 12. Translation öf the last pre-war Occidental postcard from Austria sent to Switzerland in December 1938: "My sadness from not being able to continue my interlinguistic work continues and has made me almost melancholic. Please do not send me mail in Occidental." e Checoslovaquia;Cosmoglotta B, 1944, p. 109. Translation: "The reality is that Occidental, like the other international languages, is prohibited in Germany, that the Occidental societies have been disbanded there (also in Czechoslovakia and Austria) even before the war, and that only regime change in those countries will make Occidental propagation a possibility again. víronse obrigados a se disolveren e mantivéronse baixo vixilancia pola Gestapo, que tamén destruíu materiais de ensino. A prohibición das linguas auxiliares en Alemaña foi particularmente daniña xa que era alí onde vivían a maioría dos occidentalistas nese momento.. A imposibilidade de aceptar o pago das subscricións foi un golpe financeiro que continuou despois da guerra xunto coa división de Alemaña en zonas de influencia, non todas as cales permitiron pagos.
De Wahl, en Talín, non puido comunicarse coa Unión Occidental en Suíza desde o 1939 ata outubro de 1947, primeiro debido á guerra e logo á interceptación do correo entre Suíza e a Unión Soviética. Sen darse conta disto, De Wahl estaba desconcertado pola falta de resposta ás súas continuas cartas; incluso unha gran colección de poesía traducida ao occidental nunca foi entregada. A única carta que recibiu en Suíza foi en 1947, preguntando á Occidental Union por que non respondera ningunha das súas. Mentres tanto, a casa de De Wahl e toda a súa biblioteca foran destruídas durante o bombardeo de Talín. O propio De Wahl foi encarcerado durante un tempo despois de negarse a saír de Estonia para ir a Alemaña, e logo refuxiouse nun hospital psiquiátrico onde viviu a súa vida.
O estalido da guerra en 1939 detivo as publicacións de ambos os Cosmoglottas ata 1940, pero en 1941 Cosmoglotta B comezou a publicarse unha vez máis e continuou ata 1950. Publicouse unha edición de Cosmoglotta A ou B todos os meses entre xaneiro de 1937 e setembro de 1939, e logo (despois do impacto inicial da guerra) todos os meses desde setembro do 1941 ata xuño de 1951. Durante a guerra, só aqueles en Suíza e Suecia puideron dedicarse por completo ao idioma, levando a cabo actividades de forma semioficial.
Durante a guerra, os occidentalistas notaron que a miúdo se permitía que o idioma se enviase por telegrama dentro e fóra de Suíza (especialmente desde e cara a Suecia) mesmo sen recoñecemento oficial, supoñendo que os censores podían entendelo e poderían pensar que estaban escritos en español ou romanche,, un idioma menor pero oficial en Suíza que nese momento carecía dunha ortografía estandarizada. Isto permitiu que tivese lugar algunha comunicación entre os occidentalistas en Suíza e Suecia. Aos outros centros de actividade occidental en Europa non lles foi tan ben, xa que as existencias de materiais de estudo en Viena e Talín foron destruídas en bombardeos e numerosos occidentalistas foron enviados a campos de concentración en Alemaña e Checoslovaquia..
Os contactos restablecéronse pouco despois da guerra polos que quedaron, con cartas de países como Francia, Checoslovaquia, Finlandia e Gran Bretaña que chegaron a Cosmoglotta. Os escritores dixeron que estaban listos para comezar de novo as actividades para o idioma.. Cosmoglotta tiña subscritores en 58 cidades de Suíza uns meses antes do final da segunda guerra mundial en Europa, e Cosmoglotta A comezou a publicarse novamente en 1946.
Estandarización do idioma Durante a guerra moitos occidentalistas dedicáronse a estandarizar o idioma. De Wahl creara o occidental cunha serie de características inmutables, pero cría que seguir as "leis da vida" dáballe unha base o suficientemente firme como para seguir unha "evolución natural". A súa flexibilidade "permitiría que o tempo e a práctica ocupásense das modificacións que resultasen necesarias". Como resultado, algunhas palabras tiñan máis dunha forma permitida, o que non podía resolverse por decreto, deixando así a decisión final á comunidade ao incluír ambas as formas posibles nos primeiros dicionarios do idioma.Cosmoglotta B, 1945, p. 3: Translation: "For some hundreds of international words there are two forms between which it is not easy to know which one is better. E. de Wahl wisely wrote both in the first dictionaries, with the intention to let practice make the decision." Un exemplo é o verbo scrir (escribir) e unha posible outra forma scripter, xa que ambos creaban derivacións reconocibles internacionalmente: scritura e scritor de scrir, ou scriptura e scriptor de scripter. De Wahl expresou a súa preferencia por scrir, atopando scripter algo pesado, pero comentou que este último certamente estaba permitido e que o occidental podería tomar unha evolución similar ás linguas naturais nos que ambas as formas vólvense de uso común, coa forma máis longa tendo un carácter máis pesado e formal e a forma máis breve un ton máis lixeiro e cotián (como story e history en inglés).