The Sonics é un grupo de garage rock que xurdiu durante a vaga de grupos de rock na costa do Pacífico estadounidense a principios e mediados dos anos sesenta. Foron pioneiros deste subxénero xunto con outras bandas como The Kingsmen, The Wailers, The Drastics ou The Dynamics. Este movemento serviu como base da recoñecida escena musical da área de Seattle, que perdura ata os nosos días.

O son de The Sonics é bastante máis ruidoso, cru e brutal que o de calquera outro grupo contemporáneo seu. Pese a que tiñan unha formación bastante clásica en canto aos instrumentos, conseguiron o seu son identificativo mediante apaños salvaxes de temas coñecidos, letras provocativas e o uso habitual de guitarras eléctricas distorsionadas ata o máximo posible.

Xénero Os seus temas son unha mestura entre o garage rock (Louie, Louie, Have love, will travel) o rock and roll (Jenny, Jenny) e composicións propiamente do seu xénero coma Psycho e The Witch, todas elas baseadas en secuencias sinxelas de acordes e interpretadas de forma pesada e rápida (algo tamén típico do punk).

As primeiras letras de The Sonics estaban en consonancia coa cultura xuvenil e adolescente dos anos sesenta (mozas, surf, coches, guitarras), pero tamén incluían temas de aspectos máis escuros e provocadores como a estricnina, as bruxas, os psicópatas ou o Demo ( nas cancións Strychnine, The Witch, Psycho ou Hei's waiting).

Membros A formación clásica de The Sonics (a que gravou Here are The Sonics) era:

Gerry Roslie - Órgano, piano e voz Andy Parypa - Baixista Larry Parypa - Guitarra, coros Rob Lind - Saxofón, coros e harmónica Bob Bennett - Batería

Discografía Álbums Here Are The Sonics - 1965 (Etiquette) Boom - 1966 (Etiquette)

Recompilatorios Merry Christmas - 1965 (Etiquette) Introducing The Sonics - 1967 (Jerden) Explosives - 1973 (Buckshot) The Sonics - 1978 (SRT) Live Fanz Only - 1986 (Etiquette) The Sonics - Busy Body!!! Live in Tacoma 1964 - 2007 (Norton)

Ligazóns externas The Sonics en AllMusic.com

Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de protopunk Categoría:Grupos musicais de Tacoma, Washington Categoría:Grupos musicais formados en 1960 Categoría:Grupos musicais separados en 1968 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2008