José Luis Borbolla Chavira, nado en Cidade de México o 31 de xaneiro de 1920 e finado na mesma cidade o 11 de febreiro de 2001, foi un futbolista mexicano. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección mexicana.
Traxectoria Empezou a súa careirra no Club de Fútbol Asturias, para continuar xogando no Real Club España e o Club Deportivo Marte, todos eles de México. Posteriormente pasou a xogar na Primeira División de España, sendo o primeiro estranxeiro en facelo unha vez finalizada a guerra civil.
En España xogou no Deportivo da Coruña, Real Madrid e Celta de Vigo. Tras o seu paso por España regresou a México, onde xogou en Tiburones Rojos de Veracruz e Club América, club onde se retirou e ao que adestrou durante unha temporada.
Tras o seu retiro do mundo do fútbol conertiuse nun empresario do sector téxtil.
Selección nacional José Luis Borbolla foi internacional con México no mundial do Brasil de 1950, no encontro contra Suíza.
Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Ficha de Borbolla na Web da Liga de Fútbol Profesional Artigo sobre a chegada de Borbolla ao Real Madrid
Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Futbolistas de México Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Club Deportivo Marte Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Tiburones Rojos de Veracruz Categoría:Xogadores do Club América Categoría:Xogadores da selección de fútbol de México Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1950