Néstor Carlos Kirchner Ostoić, nado en Río Gallegos (Santa Cruz) o 25 de febreiro de 1950 e finado en El Calafate o 27 de outubro de 2010 , foi un político e avogado arxentino, pertencente ao Partido Xusticialista e á Fronte para a Vitoria, que foi o 54º presidente da Arxentina.

Traxectoria Foi elixido presidente do Goberno do seu país o 25 de maio de 2003, logo de derrotar o expresidente Carlos Menem na segunda volta das eleccións dese ano; até o 10 de decembro de 2007, cando foi sucedido pola súa dona, Cristina Fernández.

Anteriormente fora intendente de Río Gallegos (1987-1991) e gobernador da provincia de Santa Cruz (1991-2003). No 2009 foi escolleito deputado da Nación Arxentina pola Provincia de Buenos Aires, con mandato desde o 10 de decembro de 2009 até o 10 de decembro de 2013. Desde o 4 de maio de 2010 ata o seu falecemento desempeñou o cargo de secretario xeral da UNASUR.

Tamén actuou como presidente do Partido Xusticialista, cargo ao que renunciou o 29 de xuño de 2009 e volveu ocupar o 11 de novembro de 2009, asumíndoo oficialmente o 10 de marzo de 2010.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Presidentes da Arxentina Categoría:Nados na provincia de Santa Cruz Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Deputados do Congreso da Nación Arxentina Categoría:Parellas do presidente da Arxentina