O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de abril na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Tamén incluímos as mencións á Coresma, á Semana Santa e á Pascua de Resurrección por coincidir, habitualmente, neste mes.
Eladio Rodríguez recolle o costume de acender na lareira, en cada casa, o Lume novo, que se prende co tizón ou as ascuas do lume que o abade bendice no adro da igrexa no transcurso dunha cerimonia que se celebra o Sábado Santo. Este lume que se prende na igrexa facíase co pedernal e utilizábase para acender, inmediatamente, as brasas do incensario e as lámpadas do templo Eladio Rodríguez Gongález, s. v. fogo, s. v. lume..
Crenzas e supersticións
En Cambados disque dá mala sorte varrer a casa en Semana Santa (Leiro Lois, 120),
Para cura-lo meigallo ou o tangaraño (raquitismo), vaise á romaría de San Pedro Mártir, en Belvís, Santiago, o 29 de abril. Lamas Carvajal recolle esta tradición nunha das súas poesías Citado por A. Fraguas, 85.:
Crese que se o cuco non acaba de vir entre marzo e abril é sinal de que se van producir grandes desgrazas.
O último día de abril ou, noutros lugares o 29, existía o costume de alumea-las leiras. Este rito propiciatorio consistía en percorre-los campos de cultivo con fachos encendidos, unha vez rematada a sementeira, para pedir unha boa colleita:
Locucións Estar feito un abril: estar cheo de vida. Parecer un abril: ser ou aparentar un mozo guapo e elegante.
Refraneiro miniatura|A abella e a ovella en abril deixan a pelexa A abella e a ovella, en abril deixan a pelexa Eladio Rodríguez González, s. v. abella. No orixinal: i a ovella.. A auga de abril enche o carro e o carril Eladio Rodríguez González, s. v. abril. No orixinal: i o carril.Eladio Rodríguez González, s. v. auga. No orixinal: i-auga, i o carril.. A choiva no abril dá millo e dá pan. A coresma e a cadea, prós probes parecen feitas Eladio Rodríguez González, s. v. Coresma.. A liñaza por San Marcos nin nada, nin no saco Eladio Rodríguez González, s. v. liñaza. San Marcos celébrase o 25 de abril. A ovella e a abella polo abril deixan a pelexa. A ovella en Pascua florida está lustrosa e parida. A páscoa onde quixeres; o antroido ond'as mulleres Eladio Rodríguez González, s. v. Páscoa.. As sardiñas en abril, cólleas polo rabo e déixaas ir . A sardiña polo abril, cóllea polo rabo e déixaa ir; por maio ásaa no borrallo, e por San Xoán xa molla o pan Lino Lema Bouzas, 2.. A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan Eladio Rodríguez González, s. v. sardiña.. Á solla de abril ábrelle a mán e déixaa ir Eladio Rodríguez González, s. v. solla.. A solla en abril cóllea na man e déixaa ir . A vella dos anos mil gardaba pan para maio e leña para abril. A viña de bo amo pódase en marzo; a viña do ruín pódase en abril Eladio Rodríguez González, s. v. viña.Refraneiro do viño, 43. No orixinal: do bo amo.. Abril a lan carda, e maio leva a fama Eladio Rodríguez González, s. v. abril.. Abril, abril, de cen en cen anos deberas vir . Abril atoldado e pouco mollado . Abril, augas mil coadas por un mandil Real Academia Galega, s. v. abril.. Abril, augas mil, escoadas por un mandil . Abril, augas mil, peneiradas nun candil . Abril, augas mil, se non ó comenzo, ó medio ou ó fin . Abril chove prás xentes, e maio prás bestas Eladio Rodríguez González, s. v. abril. No orixinal: pras.. Abril chovedoiro enche o cabaceiro . Abril chuvioso, maio pardo e san Xoán ventoso traen o ano compogoso Compogoso significa propicio, favorable, próspero. Quere dicir que a colleita nun ano así será abundante.. Abril, déixame dormir, que en maio de meu me caio Vozes gallegas, ed. de J. Leite de Vasconcellos, 1845. No orixinal: mayo, cayo. Abril e maio son a chave de todo o ano Real Academia Galega, s. v. abril. No orixinal: mayo.. Abril e maio son as chaves do ano . Abril esfola, pero maio amola . Abril, espigas mil Juan Sobreira Salgado: Papeletas.. Abril frío e fornos quentes, alegría prós meus dentes Real Academia Galega, s. v. abril. No orixinal: frio, para os meus dentes.. miniatura|Abril frío e mollado, enche o celeiro e farta o gado Abril frío e mollado, enche o celeiro e farta o gado Real Academia Galega, s. v. abril. No orixinal: frio.. Abril frío, moito pan e pouco viño Refraneiro do viño, 49.. Abril frío, pan e viño . Abril frío quer compango, viño e pantrigo Refraneiro do viño, 23. No orixinal: pántrigo.. Abril frío trai poias de trigo Poias son bólos de pan, como tortas pequenas e aplastadas. En Verín pagábase con elas ó forneiro.. Abril mata o porco no cobil, e maio mátao dun ano Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: mayo, matô.. Abril mollado, malo na horta e bo no campo . Abril, o do bo dormir . Abril pare os froitos e maio lévaos ó lombo . Abril, pendoril; maio, engraio; e san Xoán, segaio . Abril, pendoril; maio, engraio; san Xoán, segaio. Abril, pra ser abril, ten que vir con augas mil . Abril que non chove deixa ó labrego probe . Abril quente e mollado, carga o carro e enche o gado . Abril quente e mollado, carga o carro i engorda o gando . Abril, se por mal quere vir, as portas non deixa abrir . Abril, se por mal quere vir, nin as portas deixa abrir. Abril, si por mal quer vir, inda as portas non deixa abrir . Abriles bos e bos fidalgos, andan escasos . Abriles e cabaleiros, son ás veces treicioeiros . Alá vaias, marzo marceiro, que aquí me quedo cos meus becerros, agora virá teu irmán abril, que non sei se mos deixará vivir Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.. Algún día será festa e será Pascoa Eladio Rodríguez González, s. v. día.. Altas ou baixas, en abril son as Pascuas Eladio Rodríguez González, s. v. abril. No orixinal: Páscoas.. Antroido á raxeira, Pascuas á lareira. As madrugadas de abril son pintadas pra durmir . As madrugadas de abril son propias para dormir. As mañanciñas de abril deixádemas pra dormir. As pascuas con quen quixeres, os Antroidos coas vosas mulleres. As sandías nin semeadas en maio nin nadas en abril. Auga de abril e xiada de maio, aseguran o ano Eladio Rodríguez González, s. v. auga.. Auga de abril e xiada de maio, herba pra todo o ano . Auga de abril, enche o carro e o carril. Auga de abril molla o carro, molla a leira e molla o carril . Auga en abril, toda a que poida vir. Ben veña abril coas súas augas mil . Busca pan pra maio e leña pra abril, e bótate a dormir Eladio Rodríguez González, s. v. pan.. Cando abril recacha, inda a vella queima a racha . Cando abril recacha, queima a vella a maza . Cando chove por San Xorxe, de cen cereixas quedan catorce San Xurxo (ou Xorxe) celébrase o 23 de abril. Cando en marzo chove i en abril xía, quédase maio feito unha criba . Cando marzo abrilea, abril marcea . Cando por San Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove Eladio Rodríguez González, s. v. chover.. Cebada, pra marzo; leña pra abril e trigo, pra maio Eladio Rodríguez González, s. v. cebada.. Chova por abril e maio e non chova en todo o ano . Chova por abril e por maio e non chova na volta do ano . Chova pra min abril e maio e pra ti todo o ano . Chova pra vós na roda do ano, e pra min en abril e maio . Chuvia de abril, henche o carro e o carril Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: d’abril, hènche.. Chuvia de abril non perdoa o carro nin o carril Eladio Rodríguez González, s. v. abril. No orixinal: ó carro nin ó carril.. Chuvia, de abril; recío, de maio Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.. Chuvia por abril e maio, aunque non chova en todo o ano. Coas xarapadas de abril, mexa o porco no cubil Elixio Rivas Quintas (1978). Rivas Quintas define xarapada como chuvieira forte e fría.. Cobras en marzo, neve en abril . miniatura|Cobras en marzo, neves en abril Cobras en marzo, neves en abril. Cóbregas en marzo, neves en abril . Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín Refraneiro do viño, 51.. Coida de podar en marzo, que o que poda en abril, ese é ruín Eladio Rodríguez González, s. v. podar.. Corta cardos en abril e de cada un naceranche mil. De abril a abril volven as augas por onde adoitaban vir . De abril a maio, mes de descanso. Día de entroido e domingo de Pascoa, cada larpeiro na sua casa Eladio Rodríguez González, s. v. Entroido.. Día de Páscoa e domingo lardeiro, cada cadelo no seu palleiro O libro do porco, 36. Explica que o de Domingo lardeiro lle vén de "lardo", polo moito que se come nese día.. Dixo o pastor a marzo: "mal trataches ó meu gando; alá irás onde non volvas máis". E marzo respondeu: "con tres días que me quedan, e tres que me empreste meu irmán abril, poreiche as túas ovellas a parir" . Díxolle maio a abril: "Anque che pese, heime rir" Eladio Rodríguez González, s. v. maio.. Domingo de Ramos lava os teus panos, que na semana maior choverá ou quentará o sol. Dúas augas de abril e unha de maio valen os bois e o carro . En abril, a sardiña val pernil O libro do porco, 36.Lino Lema Bouzas, 4.. En abril abre a porta ó gado, e déixao ir . En abril, ábrelle a porta ó gando e déixao ir . En abril, augas mil Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.. En abril, augas mil, cargan o carro e mailo barril. En abril, augas mil, e en maio tódalas que queiran vir. En abril, augas mil, e en maio, tres ou catro' . En abril, augas mil, e en xaneiro come carneiro'. En abril, augas mil, e todas caben nun barril. En abril, augas mil, e vento, e tódalas que queiran vir. En abril, cada pinga val por mil . En abril, cada pingueira de auga vale por mil . En abril cátanos no cubil, en maio xa son bo gallo, en san Xoán xa lle dou a carreira ó can, en santa Mariña xa vou pola cabritiña, en agosto xa vou co meu pai polo rostro, en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro Son as fases da vida do lobo.. En abril cear sin candil. En abril, chuvias ir e chuvias vir . En abril déitate sen candil. En abril déixame durmir. En abril déixame durmir, que en maio de meu me caio Real Academia Galega, s. v. abril. No orixinal: deixame, mayo, cayo.. En abril déixame durmir, que en maio eu só me caio. En abril e maio fai fariña pra todo o ano . En abril e maio fai fariña pró ano Eladio Rodríguez González, s. v. fariña.. En abril entra o albañil. En abril, espárragos para min; en maio, para o meu amo . En abril, espigas mil En abril, espigas mil, no maio todo espigado. En abril está a loba no cubil, en maio sae co pai ó lado, en san Xoán atrévese co can, en Santa Mariña xa colle a cabritiña, en agosto sae co pai ó rostro. En abril, estou no cubíl . En abril inda está o porco no cubil . En abril mata o porco no cubil. En abril, mata o porco no cubíl, e en maio, mátao dun ano Real Academia Galega, s. v. abril. No orixinal: mayo, matao, de un.. En abril métese a vella no cubil. En abril morre a fraca; a colmea, non a vaca Aníbal Otero Álvarez (1977).. En abril non te descubras dun fío. En abril, o salmón pra min, no maio pró criado, e no san Xoán pró can Eladio Rodríguez González, s. v. salmón.. En abril os espárragos pra min, i en maio pró meu amo . En abril ponte o capelo ruín . En abril ronca o porco no cubil . En abril sae o cuco do cubil . En abril, si por mal quere vir, nin as portas deixa abrir . En abril vai colle-la sardiña polo rabo e déixaa ir. En abril xa soio poda o labrego ruín. En marzo saca a cabeza o lagarto, i en abril acaba de saír . En marzo, cada pingueira quita un carto; i en abril, cada pingueira dá mil . En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en san Xoán, xa fuxo do can; en santa Mariña, xa pillo a galiña; e en agosto, xa son bo raposo.