Luis Sáenz Peña Dávila, nado en Buenos Aires o 2 de abril de 1822 e finado na mesma cidade o 4 de decembro de 1907, foi un avogado e político arxentino, que foi presidente da Arxentina entre 1892 e 1895.

Graduado de avogado na Universidade de Buenos Aires, participou na Asemblea Constituínte de 1860. Foi varias veces deputado nacional e senador. En 1882 ocupou unha vocalía na Suprema Corte de Xustiza da Provincia de Buenos Aires. Posteriormente desempeñou a presidencia do Banco da Provincia, a dirección da Academia de Xurisprudencia e unha vocalía no Consello Xeral de Educación.

O 12 de outubro de 1892 foi consagrado presidente da Nación. Debilitado polos diversos levantamentos do radicalismo, o 23 de xaneiro de 1895 presentou a súa renuncia ante o Congreso, que a aceptou. O goberno pasou a mans do vicepresidente José Evaristo de Uriburu, quen completou o mandato ata 1898.O seu fillo Roque tamén foi presidente.

Categoría:Presidentes da Arxentina Categoría:Nados en 1822 Categoría:Finados en 1907 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Deputados do Congreso da Nación Arxentina