God Forbid é un grupo de death metal melódico, God Forbid reviews at Metal Observer God Forbid at Musicmight metalcore e thrash metal estadounidense formado no 1996 en East Brunswick, Nova Jersey.
Historia Nos seus comezos realizaron xiras con grupos coma GWAR, Nile, Cradle of Filth e Candiria. O seu primeiro álbum de estudio, Reject the Sickness, comercializouse por 9 Volt Records no 1999. Posteriormente o grupo firmou con Century Media Records, lanzando o seu disco Determination en 2001. Tocaron no tour Headbanger's Ball da MTV2 con Shadows Fall e Lamb of God.
No 2004 gravaronGone Forever, e ao ano seguinte IV: Constitution of Treason. Este foi o seu primeiro álbum en entrar na lista de éxitos Billboard 200, debutando no posto 118. O seu quinto álbum de estudio, Earthsblood, saíu ao mercado o 24 de febreiro de 2009.
No 2009 comezaron unha xira por Europa chamada There Goes the Neighborhood encabezada por Ill Niño e xunto a Exilia, sendo un dos concertos da xira en Vigo o 13 de marzo.
Membros Byron Davis - vocalista Dallas Coyle - guitarra, voces Doc Coyle - guitarra, voces John Outcalt - baixo Corey Pierce - batería
Álbums Reject the Sickness - 1999 Determination - 2001 Gone Forever - 2004 IV: Constitution of Treason - 2005 Earthsblood - 2009
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Páxina en MySpace
Categoría:Grupos musicais de Nova Jersey Categoría:Grupos musicais de death metal melódico