miniatura|dereita|Oficina salitreira en Chile O salitre ou nitro é unha mestura de nitrato de sodio (NaNO3) e nitrato de potasio (KNO3).
Localización e características Atópase naturalmente en grandes extensións de Suramérica, principalmente na rexión norte de Chile, con espesuras de até 3,6 metros. Aparece asociado a depósitos de xeso, cloruro sódico (NaCl), outros sales e area. Emprégase polo xeral na fabricación de ácidos (nítrico, sulfúrico) e nitrato de potasio; ademais é un axente oxidante e é usado en agricultura como fertilizante nitroxenado que pode substituír a urea polo seu alto contido en nitróxeno.
Outros usos son a fabricación de dinamita, explosivos, pirotecnia, medicina, fabricación de vidros, mistos, gases, sales de sodio, pigmentos, como conservante de alimentos, esmalte para fins artesanais etcétera.
Notas
Categoría:Substancias químicas