A hixiene é o conxunto de coñecementos e técnicas que deben aplicar os individuos para o control dos factores que exercen ou poden exercer efectos nocivos sobre a súa saúde. A hixiene persoal é o concepto básico do aseo, limpeza e coidado do noso corpo.

Os seus obxectivos son mellorar a saúde, conservala e previr as enfermidades.

O día 5 de maio foi declarado pola OMS como o Día Mundial da Hixiene das Mans. O lema para a campaña 2022 foi "Únete á Seguridade da Atención Sanitaria. Limpa as mans" .

Etimoloxía Hixiene procede de Hixía, a deusa grega da curación.

Conceptos Enténdese como hixiene:

1. Limpeza, aseo de lugares ou persoas. 2. Hábitos que favorecen a saúde. 3. Parte da medicina, orientada a favorecer hábitos saudables, en prevención de enfermidades. 4. Recoñecemento, avaliación e control daqueles factores e tensións ambientais que xorden no lugar de traballo e que poden provocar enfermidades, quebrantos de saúde, quebrantos de benestar, incomodidade e ineficacia dos traballadores e os cidadáns. 5. A hixiene persoal é a parte da medicina que trata dos medios en que o home debe vivir e da forma de modificalos no sentido máis favorábel para o seu desenvolvemento.

Notas

Categoría:Hixiene