Q1 Tower é un rañaceos situado en Gold Coast, Australia. Cos seus 323 metros e 80 plantas é o edificio residencial máis alto do mundo, superando o 21st Century Tower de Dubai e o segundo rañaceos máis alto de todo o Hemisferio Sur, por detrás de el, aínda en construción, Costa Center, en Santiago de Chile. Foi deseñado por Atelier e a súa forma estivo inspirada polo facho dos Xogos Olímpicos de Sydney 2000 e pola Sydney Opera House. O seu gran deseño levouno a gañar o Emporis Skyscraper Award en 2005, superando ao Turning Torso, en Suecia. Un observatorio na planta 77 convérteo no único rañaceos cun observatorio só cara á praia. Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial Q1 en Emporis
Categoría:Rañaceos de Australia