O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de decembro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.
Ademais da máis coñecida denominación popular de Nadal ou mes de Nadal, por razóns obvias, decembro tamén recibe o nome de mes de Santa Baia, en Dumbría (Constantino García González).
O Nadal A festividade popular máis destacada do mes de decembro é o Nadal, conxunto de celebracións que comezan coa Noiteboa, na noite do 24 de decembro, e rematan cos Reis, o 6 de xaneiro. Esta festa dálle nome ó propio mes de decembro, tamén coñecido como Nadal ou Natal.
Na cea de Noiteboa servíase un prato máis para que os familiares mortos puidesen compartir coa familia esta celebración. Tamén deixábase a mesa sen recoller para que comesen as ánimas dos ausentes, para os que tamén se deixaba a lareira acesa. Deste xeito, podían gozar de calor e comida na casa á que pertencían.
Outro costume destas datas era deixar na lareira un gran tronco, denominado Tizón de Nadal, que había permanecer encendido desde a Noiteboa ata Aninovo, conservándose logo o resto do ano para protexe-la casa das treboadas.
Léxico Cepo do nadal: dise do home gordecho e pequeneiro.
Refraneiro miniatura|250px|No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote. A castaña no nadal, sabe ben e parte mal. A Concepción sempre trai a súa arribazón A Concepción de María celébrase o 8 de decembro. Arribazón designa unha grande afluencia de peixe nunha determinada época do ano (arribazón de sardiña).. A un tempo non pode ser o gastar e mailo ter, nin que luza o sol na eira sin que chova no Nadal. Aceitona, unha por san Xoán e un cento por Navidá. Aí vén o mes de Nadal, que non deixe o millo sin apañar. Allo, ¿por que non fuches bo? Porque Nadal posto non me atopou. As festas do ano por onde quixeres, as Navidades, coas túas mulleres. Ata as Navidás nin fame nin frío; das Navidás pra diante fame e frío bastante. Cando chove por Santa Lucía, non hai sardiña Lino Lema Bouzas, 3.Clodio González Pérez, 146.. Cando Nadal nada, sinal de boa anada Aplícase en Santiago e arredores a cando chove suave e regularmente por Nadal, o que favorecerá claramente a colleita de centeo. Eugenio Reguera y Pardiñas: Traducción de algunas voces, frases y locuciones gallegas, especialmente de agricultura, al castellano (1840-1858), ed. de J. L. Pensado (Cadernos de Lingua, RAG, 1995.. Castañas no Nadal, saben ben e pártense mal. Chovendo o día de santa Viviana, chove un mes ou sete semanas Santa Viviana, 2 de decembro.. Chuvia por Santa Lucía, tolle a sardiña Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.. Comenza a crecer o día pola Santa Lucía Eladio Rodríguez González, s. v. día.. De san Tomé a san Matías poden as noites cos días San Tomé, 21 de decembro; San Matías celebrábase o 24 de febreiro, se ben actualmente trasladouse ó 14 de maio.. De San Xoán prás Navidás, os días van pra atrás. De san Xoán, Santiago e agosto, mulleres, non son voso; dende Nadal a marzo, estarei ó voso lado Eladio Rodríguez González, s. v. muller.. De santo Tomé a san Matías máis poden as trebas cos días. De santo Tomé a san Matías son máis longas as noites cós días. De Santos a Nadal é o inverno natural. De Santos a Navidá é inverno de verdá Eladio Rodríguez González, s. v. Santos.. De Santos a Navidá hai inverno de verdá . De Santos ás Navidás hai sequía de verdá. De Santos ó Nadal é o inverno natural. miniatura|250px|Desde Santa Lucía crece o día como a pisada dunha pita. Dende Santos a Nadal é inverno natural . Desde Santa Lucía crece o día como a pisada dunha pita Santa Lucía, 13 de decembro.. Desde Santos a Natal é inverno caroal. Despois de Nadal os días medran, dun para outro, o pé dunha pita. Día de San Nicolau está a neve de pau en pau, e, senón, está no chau San Nicolao, 6 de decembro. Eladio Rodríguez González, s. v. día.. Día de Santa Lucía, enchente de agua ou de sardiña Rosario Soto Arias 2013.. Día de santa Lucía, o salto dunha pulga ó día Comezan a medrar os días, aínda que moi lentamente.. Día de santo Tomé, ó porco polo pé Santo Tomé, 21 de decembro.Eladio Rodríguez González, s. v. porco.. Día de santo Tomé, colle o porco polo pé. Dios nacido, días crecidos. Entre Santos e Nadal fai inverno carnal . Entre Santos e Natal, arrieiriño non vaias ó sal, que perderás o caudal Elixio Rivas Quintas (1978).. Entre Santos e Nadal, inverno caroal. Frío por Nadal, calor desde san Xoán. Mentres Deus non é nacido nada é crecido. Nadal mollado e xaneiro ben xeado Eladio Rodríguez González, s. v. Nadal.. Nadal sen porco non veñan moitos. Navidade en venres, sementa onde puideres, navidade en domingo, vende os bois e bótao en trigo. Nin en agosto camiñar, nin en decembro navegar Lino Lema Bouzas, 6.. No mes de Nadal, a carón da lareira vaite sentar. No mes de Nadal gárdate a carón do lar. No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote. No Nadal hai veces que se come ó pardal. No Nadal inverno a fartar. No mes morto, nin cápe-lo porco nin póña-lo horto Aníbal Otero: Vocabulario de San Jorge de Piquín, 1977, s.v. morto. Aníbal Otero aplícao ó mes de decembro, pero cómpre observar que a denominación de mes morto se lle dá usualmente ó mes de novembro.. No santo Tomé, agarra o porco polo pé. Non chover nin ventear en Santos e Nadal Eladio Rodríguez González, s. v. chover.. Non gabes nin desgabes hastra que pasen sete navidades. O bo nabal comeza por Santiago e acaba con Nadal. O coello, por san Xoán, e a perdiz por Navidá. O día de San Nicolau anda o sol de pau en pau. O día de santa Lucía medra o día a pasadiña dunha galiña . O día de santa Lucía mengua a noite e medra o día. O que non é o día de Santa Lucía, é pro outro día . O que queira bo allar que o bote no natal. miniatura|250px|Os allos en Nadal, nin nados nin por sementar. Os allos en Nadal, nin nados nin por sementar. Os allos en Navidá, nin crecidos nin sen sembrar. Os días medran o batacú do piollo cada día dende o Nadal. Pola santa Lucía, a pata dunha galiña . Pola santa Lucía, mascatos na badía Eladio Rodríguez González, s. v. mascato.Lino Lema Bouzas, 8.. Pola santa Lucía mengua a noite e medra o día. Pola santa Lucía, neve na pía, polo san Nicolau neve no pau. Pola santa Lucía xa medra un palmo o día. Pola santa Lucía xa o caldo alumía. Pola vindima vende as tuas galiñas; pola Navidá, vólveas mercar Eladio Rodríguez González, s. v. viña.. Polo Nadal, frío cordial . Polo san Andrés agarra o porco polos pés, e se non o queres matar, déixao para Navidá. Polo san Martiño, mete o porco no cortelliño. Polo san Nicolau neva en cada pau, e se non é ese día é o terceiro que é día da Virxe María . Polo san Tomé colle o porco polo pé . Polo san Tomé dálle ó porco polo pé. Polo santo Tomé, dálle polo pé e se non é groso, nunca é. Pon, poliña, pon, pola Conceición. Por Nadal, cada ovella ó seu curral . Por san Andrés, agarra o porco polos pés; e se non o queres matar, déixao pra Navidá . Por san Uxío e santa Baia anda o tempo á trocalla San Uxío, 15 de novembro; Santa Baia debe ser o 10 de decembro (Santa Baia de Mérida), aínda que podería ser o 12 de febreiro (Santa Baia de Barcelona).. Por santa Eulalia, trompos á borralla Santa Eulalia é unha forma culta por santa Baia, de introdución recente por cadrar co castelán.. Por santa Lucía mascatos pola badía. Por santa Lucía medra o día unha pisada dunha galiña. Por santa Lucía non cae a noite como o día. Por santa Lucía saca da noite e mete no día. Por santa Lucía, o allo quer ve-lo día. Por Santos e Nadal, inverno caroal. Pra matar o porco tanto ten o día de santa Lucía como pro outro día. ¡San Silvestre, meigas fóra! San Silvestre, 31 de decembro.. Santa Lucía anda co porco á porfía. Santa Lucía, auga ou sardiña. Santa Lucía quítalle á noite e ponlle ó día. Santa Lucía saca da noite e mete no día. Santa Vivián, mociñas no liño e vellas na lan Santa Vivián, 2 de decembro. Santo Tomé, agarra o cocho polo pé. Santos e Nadal, inverno caroal . Santos e Natal, inverno carnal. Se a noite de Navidá for de luar, labra ben pra sementar; se a noite de Navidá fose de escuro, sementa no terrón duro. Se chove o día de Santa Viviana, chove cuarenta días e unha semana. Se o Nadal nada, sinal de boa anada . Se para Santa Lucía non hai neve na pía, haina para o outro día. Se polo Nadal neva, todo se aleda. Se treboa por santo Tomás, inda o inverno está por marchar. Sementeira na semana de San Román nin palla nin gran; sementeira na de Santa Baia, gran e mais palla San Román de Antioquía, 18 de novembro; santa Baia de Mérida, 10 de decembro.. Tantos días de sol en nadal como de auga en San Xoán. Un mes antes, e outro dispois de Navidá, é inverno de verdá Eladio Rodríguez González, s. v. mes..
Cantigueiro Déano-lo aguinaldo/ anque sea pouco/ un bo bacalao/ e mais metá doutro,/ de postres compota/ e tamén castañas/ boenas e bien grandes/ un molete enteiro/ e un queixo de Flandes./ Diolo pague, Señora,/ Dios queira que d'hoxe un ano/ me dea usté el aguinaldo/ con sus queridiñas manos. O dous de Nadal/ con vento do alto/ morréuselle a cabra/ a don Jose Pardo Pérez Ballesteros II, 62.. Señor Xués non me prenda/ que eu lle direi a verdá,/ que lle estuven cunha nena/ a noite de Navidá. Son voltas, son voltas,/ son voltas que o mundo dá,/ son voltas, son voltas/ da noite de Navidá Fermín Bouza Brey 1929, 199..
Notas
Véxase tamén Bibliografía ÁLVAREZ GIMÉNEZ, Emilio: Refranero agrícola y metereológico gallego. Pontevedra 1904. FERRO RUIBAL, Xesús (dir.) e outros: Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo, Vigo 1992. FRAGUAS FRAGUAS, Antón: La Galicia insólita. Tradiciones gallegas. Cuadernos do Seminario de Sargadelos 51. Ed. do Castro, Sada 1990. GARCÍA GONZÁLEZ, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe, Verba, anexo 27, Universidade de Santiago 1985. GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147. LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986. LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993. MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refrás galegos do home. Ed. do autor, Lugo 1977. MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refráns galegos da muller. Alvarellos, Lugo 1978. PÉREZ BALLESTEROS, José: Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de la Coruña. 1885-1886; reed. facs. Akal, Madrid 1979. RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas. Contribución al diccionario gallego. Ed. Ceme, Salamanca 1978. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961. SOTO ARIAS, Mª Rosario: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370. ZAMORA MOSQUERA, Federico: Refráns e ditos populares galegos. Galaxia, Vigo 1972.
decembro Categoría:Decembro