Freida Selena Pinto, nada en Mumbai o 18 de outubro de 1984, é unha actriz e modelo india que gañou fama mundial polo seu papel no filme Slumdog Millionaire.
Traxectoria Freida Pinto naceu en Mumbai filla de Frederick e Silvia Pinto; o primeiro é xerente do Banco de Baroda e a nai é directora dun instituto (St. John’s Universal High School). O seu apelido é de orixe portuguesa como o resultado da conversión dos seus antepasados ó catolicismo polos misioneiros. A súa familia criouna na comunidade católica en Bangalore e Hawai. O seu pai é orixinario de Neerude e a súa nai de Derebail (ambos poboados preto de Bangalore). A súa irmá máis vella, Sharon, é produtora asociada dunha canle de noticias local (NDTV news channel). Pinto estudou no Instituto Carmel da escola St. Joseph en Malad (suburbio de Mumbai) e completou a súa Licenciatura en Arte e Literatura Inglesa no St. Xavier's College de Mumbai.. Actualmente reside en Malad, un barrio de Mumbai.
Filmografía + Cine Ano Filme Papel Notas 2008 Slumdog Millionaire Latika 2010 You Will Meet a Tall Dark Stranger Dia Miral Miral2011 Rise of the Planet of the Apes CarolineTrishna | Trishna
| Immortals| Fedra
| Black Gold| Princesa Leyla
| rowspan=2|2013 | Desert Dancer| Mentor
| Knight Of Cups''
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Actores de cinema da India Categoría:Modelos femininas da India Categoría:Nados en Bombai Categoría:Nados en 1984