Busan, no desenvolvemento económico contemporáneo, atrae buques de todo os horizontes e aspira a volverse un centro financeiro rexional, é considerada polo AAPA (Asociación americana das autoridade portuarios, American Association of Port Authorities como o terceiro porto marítimo ao nivel mundial tanto pola importancia do seu tráfico coma pola súa eficacia.
Restos arqueolóxicos proban a presenza humana na rexión dende o neolítico ata a Idade de Ferro. Pero vai ser no período dos Tres Reinos (séculos II e III da nosa era) cando co nome de Geochilsanguk apareza coma un dos señoríos da confederación Jinhan (caracterizado polos seus abundantes túmulos). Na metade do século VI o reino de Silla anexiona o territorio e o nome cambia a Geochilsangun.
No 757, baixo o reinado de Gyengdeock, recibe a denominación de Dongnaesun sendo neste tempo a primeira vez que aparece na historia o nome de Dongnae co que coñeceuse a cidade ata o século XIX. É a época de Beomeosa, templo budista que á vez servía de defensa contra os piratas xaponeses.
Xa baixo a dinastía Goryeo, en 1018 e co nome de Dongnaehyeon, seica que a posición da familia feudal do señorío fortaleceuse. Entre 1120-50 eríxese unha fortaleza fronte ao expansionismo xaponés.
No tempo da dinastía Joseon, en 1395 establécense os límites administrativos da cidade e pouco despois é designada coma porto comercial (Daeil Gyoyeokjang, comezos do século XV) e permítese un asentamento comercial xaponés (recinto separado por muro ou waegwan ). Para 1470 a importancia coma porto de intercambio co Xapón fai que o papel de Dongnae en defensa e diplomacia deveña cada vez maior. E ese vai ser o elemento fundamental da historia e crecemento da cidade, a dialéctica de confrontación militar e fortes lazos comerciais co poderoso veciño do outro lado do Estreito de Corea. Só en 1876 o porto ábrese ao tráfico internacional en xeral (o primeiro do país).
Mentres a vella Dongnae arrodeada dunha muralla situábase uns quilómetros no interior ao norte da baía, os diferentes waegwan xaponeses reconstruídos despois de cada ocupación ou confrontación vanse situar na entrada da mesma, fronte a illa de Yeongdo, onde o futuro porto e centro actual de Busan desenvolveranse ,.
Notas
Categoría:Historia por cidade Categoría:Historia de Corea do Sur Categoría:Busan