miniatura|333px|Pieter Claesz Bodegón, (1627) Pieter Claesz, nado en Burgsteinfurt cara a 1597 e finado en Haarlem o 1 de xaneiro de 1660, foi un pintor neerlandés do século de ouro pictórico dos Países Baixos.

Traxectoria Naceu en Westfalia e instalouse en Haarlem en 1617, onde traballou principalmente.

Xunto a Willem Claeszoon Heda foi dos pintores máis importantes de ontbijt (pronunc.: [ontbait]), é dicir, bodegóns da súa época nos Países Baixos, continuando coa súa minuciosidade e detallismo unha tradición pictórica inaugurada no Renacemento nórdico e Ars Nova polos pintores flamengos. As súas paletas son doces e sutilmente monocromáticas en texturas e luces, nisto aproxímase ao español Sánchez Cotán, aínda que a obra de Pieter Claesz parece ser un estudo -cargado de poesía- do por el representado, mentres cá do mestre español ten un matiz místico.

Claesz seleccionaba obxectos máis sinxelos que Heda, pero as súas obras chegaron a ser máis rechamantes e decorativas. Os dous artistas son os fundadores dunha tradición de naturezas mortas en Harlem; pero o fillo de Claesz, Nicolaas Berchem, fíxose coñecido polas súas paisaxes.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Pintores dos Países Baixos Categoría:Pintores do século XVII