Santa Baia de Palio é unha antiga parroquia do concello de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2013 tiña 63 habitantes (30 homes e 33 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ao ano 2004 cando tiña 79 habitantes.

Xentilicio O seu xentilicio é palouco/a.

Historia Santa Baia de Palio foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando foi suprimida e integrada nas de San Xiao de Rodís e Santiago de Cercio. Con todo, en 2018 o goberno lalinés seguía a contar Palio como parroquia a nivel organizativo municipal, así como desde o punto de vista social, posuíndo deste xeito o seu correspondente alcalde de barrio.

Estaba formada polos lugares de Santa Baia, Palio de Abaixo, Palio de Arriba e parte do de Xirón.

Patrimonio A igrexa de Santa Baia de Palio é protorrománica. Presenta o aspecto dos primitivos templos visigóticos rurais, pero con elementos do incipiente románico: nave reducida, ábsida rectangular e dúas portas (a principal con tímpano oval e a lateral rectangular).

A casa-torre de Palio, fundada no século XVII polo capitán Diego Arias de Somoza, conserva un torreón de dúas plantas, as gárgolas dunha desaparecida cheminea e un pequeno escudo coas armas dos Deza, Varela e Arias.

Galería de imaxes

Notas

Lugares e parroquias

Lugares de Palio

Parroquias de Lalín

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín

Ligazóns externas Palio na web do concello de Lalín

Categoría:Antigas parroquias de Lalín Categoría:Parroquias galegas desaparecidas