Chaetopleura angulata, un quitón, é un molusco poliplacóforo da familia Ischnochitonidae, animal relativamente grande, cunhas dimensións de 50 mmJorge Rabassa The Late Cenozoic of Patagonia and Tierra Del Fuego. Elsevier, 2008, páxina 314 presenta a cuncha formada por oito placas calcarias fortemente unidasEmilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt Guía dos moluscos de Galicia, Galaxia, 1996, páxina 17, uniformes e paralelas sobre uns bordos coriáceos. Atópase entre os 5 e os 50 metros de profundidade e aliméntase fundamentalmente de pequenos crustáceosEliane Pintor Arruda, Alexandra Elaine Rizzo Manual de identificação dos invertebrados marinhos da Região Sudeste-Sul do Brasil. EdUSP, 2006, páxina 35. Orixinario da rexión entre o Río de Xaneiro e a Patagonia, actualmente tamén se atopa no litoral de Portugal e Galicia transportado nas áncoras dos navíos Piet Kaas et al. Monograph of Living Chitons: Mollusca: Polyplacophora. BRILL, 1985, páxina 24, e é unha especie moi esparexida nalgunhas rías galegas, como a de FerrolVictoriano Urgorri et al. Malacofauna asociada a una biocenosis de maerl en la Ría de Ferrol (Galicia, NO España). Anales de Biología, vol. 18, Universidade de Murcia, 1992, pp. 161-174.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas World Register of Marine Species

Categoría:Poliplacóforos Categoría:Moluscos de Galicia