miniatura|200px|Levita hebreo O Levítico (en grego: Λευιτικός, Leyitikós, ‘acerca dos Levitas’; en hebreo: ויקרא, vaiiqrá, "e El chamou") é o terceiro libro da Biblia. Forma parte do Pentateuco, ou Tora para os xudeus. Contén normas relixiosas polas que debía rexirse o pobo de Israel.
Contido
Capítulos 1 a 7: leis sobre os sacrificios: clasificación, vítimas axeitadas, comportamento dos sacerdotes. Capítulos 8 a 10: leis sobre os sacerdotes, consagración dos mesmos e normas sobre as súas funcións. Capítulos 11 a 16: normas sobre pureza legal, condición dos alimentos para ser puros, pureza legal nas enfermidades, e sobre a roupa ou as casas. Capítulos 17 a 23: lei da santidade do pobo, dos sacerdotes e dos días festivos. Capítulos 24 a 27: algunhas normas sobre as cerimonias e sobre a blasfemia; leis sociais sobre o xubileu, os anos sabáticos, décimos e votos.
Autor
Das catro fontes autoras do Pentateuco, o Levítico é obra exclusiva da sacerdotal.
Véxase tamén
Ligazóns externas O Levítico en galego. O Levítico en latín. O Levítico en hebreo
Libro anterior:Éxodo Levítico (Pentateuco) Libro seguinte:Números'''
Categoría:Antigo Testamento