Quintela é un lugar da parroquia de Catasós, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE no 2011 tiña 53 habitantes (26 homes e 27 mulleres), tres menos ca en 2000.
Patrimonio No lugar está a Casa de Quintela, pazo onde Emilia Pardo Bazán pasou longas tempadas e escribiu varios capítulos do libro Los pazos de Ulloa. Preto da aldea está a fraga de Catasós, declarada monumento natural en 2000.
Lugares e parroquias Lugares de Catasós
Parroquias de Lalín
Categoría:Lugares de Lalín