miniatura|Un griot nixeriano. O griot ou jeli (djeli ou djéli en francés) é unha figura tradicional de África Occidental encargado de narrar historias. Constitúe unha síntese de cantante e poeta de carácter ambulante, e que está considerado como o depositario da tradición oral destes pobos. Malia que os griots deben memorizar sen erros moitas cancións e tradicións populares, teñen a habilidade de traducilos a contextos contemporáneos.
Os griots esténdense por varios países de África Occidental: Malí, Gambia, Guinea, Sáhara Occidental e o Senegal, e están presentes entre os pobos Mande (Mandinka, Malinké, Bambara etc), Fulɓe (Fula), hausa, songhai, Tukulóor, wólof, Serer, mossi, Dagomba, árabes mauritanos e outros grupos menores. O termo «griot» provén probablemente da transliteración ao francés, «guiriot», da palabra galego-potuguesa «criado».
Denominación Nas linguas africanas reciben moitos nomes: Jeli nas zonas setentrionais dos Mande. Jali nas meridionais dos Mande. Guewel en wólof Gawlo en pulaar (Fula) Igiiw (ou igawen) en árabe Hassaniyya.
Os griots son unha caste endogámica, isto é, é a través do sangue que se transmite esta sabedoría e só a través del se pode acceder a ocupar esta función social.
Griots modernos Dado que estes homes son os depositarios da historia do seu pobo, unha tradición que se transmite oralmente a través das músicas e poemas, e debido tamén ao seu carácter inmediato e de cultura en presente, que inclúe a sátira e a crítica social, son moitos os que viron unha continuidade entre estas tradicións da África Occidental e novos artistas e personaxes do mundo actual, especialmente entre aqueles de orixe africana.
Foron moitas as persoas que se sentiron influídas por estas figuras e é habitual relacionar aos Griots con movementos modernos coma o hip hop ou as músicas xamaicanas cun contido máis especificamnete político. Algúns mesmo se reivindicaron coma griots modernos. Este termo, por tanto, é bastante acaído para referirse a unha gran cantidade de artistas afroamericanos que mesturan no seu estilo canción, rapeo e declamación poética, cun forte contido crítico político-social, caso dos Watts Prophets, Last Poets, Mutabaruka, Linton Kwesi Johnson, Saul Williams, Gil Scott-Heron etc.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Morabitos Ligazóns externas Griot Enciclopedia Británica.
Categoría:Cultura musical