A lapa rústicaNome comercial da especie en Galicia (Patella rustica ou Patella lusitanica) é un molusco gasterópodo da familia dos patélidos. Habita na zona intermareal onde bate moito a marea, sobre as rochas do litoral mediterráneo, e no atlántico de Mauritania a Biarritz Erhardt Moosleitner e Hans A. Baensch Marine Atlas 2. Steven Simpson Books, 2003, páxina 570. A cuncha é un cono achatado cun ápice central, de cor abrancazada ou acastañada con finas costelas radiaisEmilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt Guía dos moluscos de Galicia, Galaxia, 1996, páxina 22, con estrías escuras no interior da cuncha. A súa lonxitude pode chegar os 50 mm de longoErhardt Moosleitner e Hans A. Baensch ob. cit..

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lapa

Categoría:Gasterópodos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758