José Carlos Fernandes, nado en Loulé (Algarve) o 16 de outubro de 1964, é un autor de banda deseñada portugués. A súa obra foi traducida a linguas como o francés, o castelán, o polaco ou o éuscaro.
Traxectoria Comezou a facerse notar no medio alternativo dos fanzines portugueses, nos que, amais dunha coherencia gráfica no seu traballo, demostraba unha extraordinaria produtividade, con innumerábeis pranchas e ilustracións aparecidas en diversas publicacións alternativas de BD que xurdiron na década de 1990. Entre os fanzines cos que colaborou están O Independente, PúblicoQuadrado, Comix e Selecções BD. Fóra de Portugal tamén publicou en Métal Hurlant, Panacea, Níquel Náusea e Trama.
O seu primeiro traballo, datado en decembro de 1989, contaba apenas con dúas pranchas e tiña por título Alix do outro lado do espelho. Este traballo viu a luz nas páxinas do nº2 do fanzine lisboeta Shock.
En 1993 publica Controlo Remoto hoxe convertido nun artigo de colección moi valorado. En 1994, a Associação Neuromanso publica A Lâmina Fria da Lua, «o primeiro comic book Português, feito por um autor Português e publicado em Portugal», a obra que o deu a coñecer entre un público máis amplo.
Entre as súas obras máis recoñecidas a nivel internacional destacan Satélites, Crossroads e moi especialmente a serie A pior banda do mundo que conta na actualidade con 6 volumes (segundo ten anunciado o autor aínda han de aparecer polo menos tres volumes máis): 1 - O Quiosque da Utopia; 2 - O Museu Nacional do Acessório e do Irrelevante; 3 - As Ruínas de Babel; 4 - A Grande Enciclopédia do Conhecimento Obsoleto; 5 - O Depósito dos Refugos Postais; 6 - Os Arquivos do Prodigioso e do Paranormal.
Ao longo da súa carreira reflectíronse dentro da súa narrativa moitas das súas influencias literarias (Ray Bradbury, Gabriel García Márquez) e musicais (Bauhaus, Laurie Anderson, Smashing Pumpkins) que contribuíron na definición do estilo propio de Fernandes.
Premios Entre outros, obtivo por tres veces o Premio Rafael Bordalo Pinheiro da C. M. de Lisboa (1991, 1993 e 1995), primeiros premios nos concursos de BD de Matosinhos (1995) e Ourense (1995). En 2001 foi distinguido co Prémio Humor do 14º Salão Livre de Humor Nacional de Oeiras. O primeiro volume de A Pior Banda do Mundo, Quiosque da Utopia, foi elixido o Melhor Álbum Português de 2002 polo Festival Internacional de Banda Desenhada da Amadora e polo Diário de Notícias. A web La Guía del Cómic de España atribuíulle o terceiro lugar no top dos mellores álbums de BD de 2002 publicados a nivel internacional.
Adaptacións ao cinema Delfina Dilema de Isabel Cardeira (España, 2004), a partir da BD O inextricável labirinto do destino La Señorita Zuenig de Sofia Teixeira-Gomes (España, 2004), a partir da BD O inextricável labirinto do destino O Gosto de Ferrugem de J. Audaci Junior (Brasil, 2005), a partir da BD Todo o sal do mar.
Bibliografía Controlo remoto. Ed. Cáspite! (1993). A lâmina fria da lua. Associação Neuromanso/ASIBDP (1994) Irrealidades quotidianas. Ed. Cáspite!/CM Loulé (1994) Abaixo de cão. Pedranocharco (1996) Um catálogo de sonhos. Pedranocharco (1996) O futuro fora de prazo. Jogo de Imagens (1996) Coração de arame. Edición de autor (1997) Sem ressentimentos. ASIBDP (1997) Satélites. ASIBDP (1997) Alguém desarruma estas rosas. Pedranocharco (1997) As aventuras do barão Wrangel. Pedranocharco (1997) A máquina de prever o futuro de José Frotz. Jogo de Imagens (1997) Época morta. Polvo (1997) Avaria. Casa da Cultura de Loulé (1997) O mar aqui tão perto. Parque Natural da Ria Formosa (1997) Daqui a pouco. Baleiazul (1998) Estilhaços. ASIBDP (1998) Crossroads. Baleiazul (1999; texto de João Miguel Lameiras e João Ramalho Santos) Sob um mar de estanho. ASIBDP (1999) A revolução interior. Afrontamento (2000; argumento de João Miguel Lameiras e João Ramalho Santos) Um passeio ao outro lado da noite. Centro Regional de Alcoologia do Centro (2002)Francisco e o Rei de Simesmo. Centro Regional de Alcoologia do Centro (2003)Pessoas que usam bonés-com-hélice. ASA (2003)A última obra prima de Aaron Slobodj (2004; sen publicar)Black Box Stories 1: Tratado de umbrografia (con deseños de Luís Henriques; 2006; sen publicar)Os pesadelos fiscais de Porfírio Zap. Ministério das Finanças (2007) O que está escrito nas estrelas 1: Anos I e II. Tinta-da-China (2008)Terra Incognita 1: A metrópole feérica. Tinta-da-China (con deseños de Luís Henriques; 2008)José Mendes Cabeçadas Júnior – Um Espírito Indomável. Câmara Municipal de Loulé (con deseños de Roberto Gomes; 2010)Agencia De Viajes Lemming. Astiberri (2011)A pior banda do mundo 1: O Quiosque da Utopia (2002; sen publicar)A pior banda do mundo 2: O Museu Nacional do Acessório e do Irrelevante (2003; sen publicar)A pior banda do mundo 3: As Ruínas de Babel (2003; sen publicar)A pior banda do mundo 4: A Grande Enciclopédia do Conhecimento Obsoleto (2004; sen publicar)A pior banda do mundo 5: O Depósito dos Refugos Postais (2006)A pior banda do mundo 6: Os Arquivos do Prodigioso e do Paranormal'' (2007)
Véxase tamén Ligazóns externas Web persoal
Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados no distrito de Faro