Abd Allah ibn Abd al Muttalib (en árabe: عبدالله بن عبد المطلب‎)‎, nado en 545 e finado en 570, máis coñecido na forma abreviada do seu nome como Abd Allah, foi o pai de Mahoma, o profeta do islam.

Traxectoria Era fillo de Shaiba ibn Hashim (`Abd al-Muttalib) e casou con Aminah bint Wahab. Morreu con 25 anos dunha doenza durante unha viaxe entre Medina e A Meca antes de que o seu fillo Mahoma nacese.

Abd Allah significa servo de Deus.

Categoría:Personalidades do islam Categoría:Nados en 545 Categoría:Finados en 570 Categoría:Árabes