O Remodernist film ou cinema remodernista é un tipo de cinema desenvolvido nos Estados Unidos e no Reino Unido a finais da década de 1990 e comezos do século XXI e que estaba directamente relacioando co Stuckismo, movemento artístico británico e o seu manifesto Remodernismo.

Historia O remodernismo reivindicaba unha volta aos significados emocionais e espirituais na arte, así como ás estruturas narrativas e á subxectividade. Trasladando isto ao cinema supuña volver de novo unha ollada á Nouvelle Vague, o No Wave Cinema e o cinema punk; mais tamén outros autores que non poden ser clasificados en ningún dos grupos anteriores como Andrei Tarkovskii, Yasujiro Ozu, Robert Bresson, F. W. Murnau, Wong Kar-wai, Jean Vigo, Jean Epstein ou Nicholas Ray.

Entre as primeiras mostras desta corrente están Youngblood (1995) de Harris Smith, Shooting at the Moon (1998-2003) de Jesse Richards e Nicholas Watson e Medway Bus Ride (1999) de Wolf Howard.

Porén, non será ata 2004 que se conformen como movemento ao fundar Harris Smith e Jesse Richards o grupo Remodernist Film and Photography, que unía a fotógrafos e cineastas cuns principios comúns próximos aos do Stuckismo. O 8 de marzo de 2008 o seu filme Shooting at the Moon tivo a súa estrea en Londres no Horse Hospital durante o FLIXATION Underground Cinema Club.

Logo dunha parada creativa o grupo anda na procura de fondos para iniciar e continuar novos proxectos a partir de 2009.

Manifesto O 27 de agosto de 2008 Jesse Richards publicou o Remodernist Film Manifesto con 15 puntos reivindicando, entre outras cousas, "unha nova espiritualidade no cinema" e a utilización da intuición na rodaxe, e definindo os filmes remodernistas coma "unha maneira de rodar espida, mínima, lírica e de tipo punk".

Máis adiante dicíase:

Tamén hai algunha declaración polémica no manifesto criticando a Stanley Kubrick, o cinema feito con cámaras dixitais e a Dogma 95.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Jesse Richards Wolf Howard Nicholas Watson Amos Poe Stuckismo Remodernismo No Wave Cinema Cinema underground

Ligacións externas Remodernist Film Seeks Outside Help Official Blog for Remodernist Film/Jesse Richards Interview with Remodernist filmmaker and photographer Jesse Richards on MYARTSPACE.com

Categoría:Xéneros cinematográficos