A seguir recóllese a pegada do coello na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.
miniatura|Coello común En Cambados, para cura-la decipla (erisipela), untan a parte enferma con sangue de coello. Tamén se cre que se unha muller embarazada come carne de lebre ou de coello, o meniño dormirá despois cos ollos abertos.
Léxico Coello: borracheira, en Verín (Constantino García González). Conexo de mar: denominación común de certo molusco gasterópodo coñecido como borrachas (Aplysia punctata); outras denominacións populares son as de limacha do mar, meiga do mar, porco do mar, teta do mar e, en castelán, liebre de mar Carmen Ríos Panisse (1977)..
Locucións Coello de dous tobares: dise de quen sempre ten recursos, solucións ou saídas Miguel Rubinos Conde 2013.. Parir como unha coella: dise da muller que ten moitos fillos, e moi seguidos Eladio Rodríguez González, s. v. parir. No orixinal: cuenlla..
Refraneiro miniatura|250px|O coello, por san Xoán, e a perdís por Navidá. A abellariza e o coello, no monte vello. Cada coello no seu tobo arránxase de calquera modo. Can alcuceiro, nunca bo coenlleiro Chámase alcuceiro ó home que lle gusta estar metido na cociña; a alcuza é a aceiteira. Eladio Rodríguez González, s. v. can.. Coello de dispensa, cazador e labrador, fame no comedor. Des que fuxiu o coello, viu o consello. Do tempo dos coellos non hai couselos Posible erro por consellos. ¡Inda o demo ten cara de coello! Risco, que recolle esta peculiar descrición do demo, engade que "Non sabemos ben o que se quer decir" (Vicente Risco, 437). Labrador cazador, coellos na despensa, e fame no comedor. Labrego cazador, coellos na cociña e fame no comedor. Labrego cazador, coellos na lacena e fame no comedor. Labrego e cazador, coello na cociña e fame no comedor. No tempo dos coellos non hai consellos. O coello, por san Xoán, e a perdís por Navidá. Ó abade vello, polos e coello. Ó axexo, un coello; á lusada, carallada. Ó coello e ó vilán, mételle man. Ó coello fuxido, consello vido. O demo ten cara de coello. Polo San Miguel xa o coenllo se ve ben San Miguel, 28 de setembro. Eladio Rodríguez González, s. v. San Miguel.. Polo Santiago esconde o coello o rabo, e por san Miguel vólveselle a ver. Por Santiago esconde o coello o rabo; e por San Miguel, vólveselle ver Eladio Rodríguez González, s. v. Santiago.. Probe do coello que non ten máis que un tobo. Se os coellos morreran con palabras, cantos matabas. ¡Vaia, que o demo ten cara de coello!
Cantigueiro Cando a lebre diga misa/ e o coello seia abade,/ deixarei o meu querer/ por coller a túa amistade Saudade nº 4, xullo 1943, 27.. Catalán de Cataluña,/ barbas de coenllo manso,/ non lle quites ó galego/ dúas horas de descanso. Catalán de Cataluña,/ barbas de conexo manso,/ ¿por que non dás ó galego/ unha hora de descanso? Xaquín Lorenzo Fernández, 218. Recollida en Muros.. Ollos blancos, ollos negros,/ tenos a miña cadela/ para ir corre-los coellos/ nos montes de Paradela Xaquín Lorenzo Fernández, 118. No orixinal: correlos. Refírese a San Xoán de Paradela de Abeleda, parroquia do concello de Porqueira, na comarca da Limia.. Os mociños, os de agora,/ todos son escopeteiros;/ pensan que tiran aos coellos/ e tíranlle aos carballeiros Xaquín Lorenzo Fernández, 125..
Adiviñas Redondo como un queixo/ e chirla coma un coello.Solución: a roldana do pozo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, Xosé María: O libro da caza. Ed. Castrelos, Col. O Moucho, Vigo 1969. ÁLVAREZ GIMÉNEZ, Emilio: Refranero agrícola y metereológico gallego. Pontevedra 1904. ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008. GARCÍA GONZÁLEZ, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe. Universidade de Santiago (VERBA, anexo 27), Compostela 1985. LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986. LIS QUIBÉN, Víctor: La medicina popular en Galicia. Ed. Akal, Pontevedra, 1980 (1ª ed. 1949). LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973. MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refrás galegos do home. Ed. do autor, Lugo 1977. PÉREZ BALLESTEROS, José: Cancionero popular gallego. Akal, Madrid 1979, 3 tomos RÍOS PANISSE, M. do Carmo: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia I. Invertebrados y peces, Verba anexo 7, Universidade de Santiago 1977. RISCO, Vicente: "Etnografía: cultura espritual", en Historia de Galiza I (dirixida por Ramón Otero Pedrayo). Editorial Nós, Buenos Aires 1962 (Reedición Akal, Madrid 1979). RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961. RODRÍGUEZ LÓPEZ, Jesús: Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares. Ed. Celta, Lugo 1974 (1ª ed. 1895). RUBINOS CONDE, Miguel: "Da roda para a piola: refráns e frases do sur de Galicia", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 487-502.
coello