Xocaloma foi un grupo de folk e música tradicional galega fundado en Carballo en 1975 e disolto no 1994.
Traxectoria Foi un conxunto eminentemente vocal, os seus membros fundadores adoitaban cantar no coro parroquial de Carballo, nas "misas da xuventude" organizadas polo párroco da localidade, Xose García Gondar. Foi este sacerdote quen os animou a formar o grupo musical que se chamou Xocaloma polas iniciais dos seus integrantes (Xosé, Carlos, Loli e Manuel).
No 1978 gravaron o seu primeiro disco, Terra, ao que seguiu Soio un soño no 1979. Participaron en diversos festivais, como o Intercéltico de Lorient ou o do Mundo Celta de Ortigueira. Algunhas das súas pezas máis coñecidas son versións de cancións populares galegas como O rodaballo, A saia da Carolina ou Lela, esta última con letra de Castelao e música de Rosendo Mato Hermida, así como temas propios como Soio foi un soño.
Discografía Álbums *Terra(1978)*Soio un sono...(1979)*Vou o mar(1981)*Nos(1983)*Rosas de luz(1991)*Quince anos(1994)
Sinxelos *Xesús vai nascer - O máis grande home(1978)*Por vos, poetas(1983)
Recompilatorio *O Rodaballo - Aldea Miña - Adiós Ríos, Adiós Fontes(1981)
Notas
Categoría:Grupos musicais formados en 1975 Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de folk galego Categoría:Grupos galegos de música tradicional Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira Categoría:Música de Galicia sen imaxes