Asker é un concello no condado de Akershus en Noruega. Limita cos concellos de Bærum, Røyken e Lier. O nome procede da palabra norueguesa ask, freixo. En Skaugum, dentro dos límites municipais de Asker, encóntrase a residencia oficial do príncipe herdeiro noruegués. O seu equipo de fútbol feminino, o Asker Fotball Kvinner é un dos principais da Toppserien, a liga femina de fútbol.

Xeoloxicamente Asker pertence á fosa tectónica de Oslo, os outeiros de rocha basáltica caracterizan a paisaxe, as rochas sedimentarias do cámbrico forman a chaira e as áreas do litoral que se estenden cara ao fiorde. Asker é un concello rural nos suburbios de Oslo, para onde van traballar a maior parte da poboación, comunicándose por medio do Flytoget, un tren de alta velocidade, sendo a estación de Asker a quinta de Noruega en número de viaxeiros. Cara ao leste Asker ábrese ao fiorde de Oslo, os seus illotes e arrecifes son un destino popular entre os noruegueses, tamén é importante o Museo de Asker. miniatura|esquerda|240px|Igrexa de Asker Lugares miniatura|225px|Estación de ferrocarril de Asker Nesøya: 3 414 Nesbru: 3 612 Billingstad: 2 349 Hvalstad: 2 002 Skaugum: 2 047 Sem: 982 Syverstad: 1 872 Fusdal: 4 054 Asker propio ou Sentrum: 2 363 Drengsrud: 4 061 Vettre: 5 357 Borgen: 4 841 Blakstad: 3 224 Vollen: 3 167 Heggedal: 4 716 Solberg: 2 698 miniatura|250px|Residencia oficial do príncipe herdeiro en Skaugum

Personalidades Simen Agdestein, xogador de xadrez Erik Bye, xornalista Pål Arne Fagernes, lanzador de xavelina Arne Garborg, escritor Harald V, rei de Noruega Hulda Garborg, escritor Erik Gjems-Onstad, avogado Ragnhild Gylver, escritor Vigdis Hjorth, escritor Arild Nyquist, escritor Tilla Valstad, escritora Tom Hilde, esquiador

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Noruega