miniatura|Bukkake con dous homes.
é un acto sexual en grupo representado no cine pornográfico, onde unha serie de homes toman quendas para exacular sobre unha persoa, xa sexa home ou muller. A práctica ten fortes connotacións de humillación sexual. Polo xeral, ao finalizar a persoa sobre quen se exaculou traga o seme, baleirado previamente nun vaso ou outro elemento similar. Tamén é moi frecuente que exaculen no seu rostro. As escenas de bukkake son relativamente comúns nos filmes pornográficos contemporáneos. Orixinario do Xapón na década de 1980, o xénero espallouse a Norte América e a Europa.
Etimoloxía miniatura|dereita|En xaponés, a verba bukkake ten un extenso uso non sexual, como nas tendas de fideos udon bukkake. Bukkake é unha palabra que provén do verbo xaponés bukkakeru (ぶっ掛ける, lanzar ou rociar auga),The (Almost) Complete Japanzine Dictionary of Japan Sex , Jon Wilks, Japanzine e significa "lanzar", "salpicar" ou "chapuzar". Preview. O verbo composto pódese descompoñer nun prefixo e nun verbo: butsu (ぶつ) e kakeru (掛ける). Butsu é un prefixo derivado do verbo "buchi" que significa literalmente "golpear", pero o seu uso é de intensificador do verbo.
Kakeru, dependendo do contexto significa ducharse ou verter. A palabra bukkake emprégase a miúdo no xaponés para describir o derramamento de auga con forza de abondo para salpicar ou chapuzar. Por outra banda, o termo bukkake emprégase no Xapón para describir un tipo de prato no que o caldo quente se verte enriba dos fideos, como udon bukkake e o bukkake soba.
Recepción Diversos autores describiron esta práctica como a premisa da humillación. A psicóloga forense Karen Franklin describiu o bukkake como unha violación grupal simbólica, caracterizándose por ter como propósito primario a humillación, a degradación e a cousificación da muller. Lisa Jean Moore e Juliana Weissbein ven o uso da exaculación no bukkake como parte do ritual de humillación, destacando ademais que esta práctica non contempla a experiencia do orgasmo das mulleres que participan nela. A activista feminista antipornografía Gail Dines describe o impacto dun home exaculando na face ou corpo dunha muller, levado a un extremo a través do bukkake por involucrar a varios homes, como "un dos máis degradantes actos no porno".
Notas
Categoría:Prácticas sexuais