Takamatsu (高松市, たかまつし, Takamatsu-shi) é un concello da prefectura de Kagawa no Xapón e capital da súa prefectura. Está situado no centro da rexión de Shikoku e da prefectura, na illa de Shikoku. Ten 375,11 km² de superficie, unha poboación de 418.688 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.120 hab./km². É a segunda cidade máis poboada de Shikoku, despois de Matsuyama.
O concello de Takamatsu limita pola terra cos concellos de Sakaide, Ayagawa, Miki, Sanuki (que son da prefectura de Kagawa); e Mima (este último é da prefectura de Tokushima).
Turismo e lugares de interese Peregrinación de Shikoku (四国八十八箇所, しこくはちじゅうはっかしょ, Shikoku hachijū hakkasyo) - É moi coñecida e popular a pereginaxe no Xapón, tamén chámase Ohenro e Shikoku junrei, a peregrinación de 88 templos de Shikoku. Dentro de Takamatsu hai 5 templos. Nº 80 - Kokubun-ji (国分寺, こくぶんじ). Nº 82 - Negoro-ji (根香寺, ねごろじ). Nº 83 - Ichinomiya-ji (一宮寺, いちのみやじ). Nº 84 - Yashima-ji (屋島寺, やしまじ). Nº 85 - Yakuri-ji (八栗寺, やくりじ).
Universidades Universidade de Kagawa (香川大学) - Universidade estatal.
Cidades irmandadas San Petersburgo, Florida, EUA (1961). Tours, Francia (1988).
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Takamatsu .
Categoría:Prefectura de Kagawa Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Cidades do Xapón