Alicia Fernández Rodríguez, nada en Escairón (O Saviñao) o 15 de novembro de 1987, é unha poeta galega.
Traxectoria Licenciada en Filoloxía Galega pola USC. Ten publicados poemas en revistas literarias como A Caramuxa, A ciegas, Dorna e Xistral. Impartiu obradoiros de escrita creativa. Foi fundadora e directora durante dous anos da libraría Chan da Pólvora, en Compostela, que forma parte dun proxecto máis amplo canda Antón Lopo, Gonzalo Hermo, Manolo Martínez e Eduard Velasco.
Obras Poesía Botar o mar polos ollos (2005). Edições Tema. Mamá pelicano (2020). Espiral Maior.
Obras colectivas Sempre mar. Cultura contra a burla negra, 2003. Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega, 2012, Endymión. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. No seu despregar, 2016, Apiario. 13. Antoloxía da poesía galega próxima, 2017, Chan da Pólvora.
Premios Premio de poesía Francisco Fernández del Riego. Premio de poesía Francisco Añón. 3º Premio de poesía Díaz Jácome (2002). Premio de poesía Ánxel Casal. Premio Minerva. 3º premio do I Concurso de Poesía Centro Recreativo de Artes en 2014, por Inventario do devezo. Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño en 2019 por Mamá pelicano.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da autora na AELG. Artigo Carencias II en Nós Diario
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1987 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela