Os mortos van á présa (en ; nalgunhas fontes traducido ao galego como Os mortos van ás présas) é un filme galego dirixido e escrito por Ángel de la Cruz que se estreou o 13 de marzo de 2009. Conta cun equipo case integramente galego, agás a actriz Neus Asensi, unha das protagonistas. Foi rodado en Ribadeo (provincia de Lugo), onde tivo lugar a estrea. A rodaxe tivo que ser suspendida no verán de 2006 por problemas de financiamento, retomándose tempo máis tarde.

O papel de Cándido ía facelo Fernando Fernán Gómez, que morreu antes da rodaxe e foi substituído por Jean-Claude Guimard.

Sinopse O filme narra as historias de tres parellas pertencentes a distintas xeracións, cunha vila mariñeira e as crenzas da Galicia tradicional como fondo. A historia comeza cando unha camioneira chega á vila e o seu vehículo queda atrancado nunha ponte, o que impide o traslado do cadaleito dun home acabado de finar ese mesmo día.

Personaxes Chete Lera (Filomeno) Belén Constenla (Venancia) Neus Asensi (Irene) Manuel Manquiña (Gerónimo) Sergio Bermúdez (César) María Castro (María) Gonzalo Uriarte (Fermín) Ernesto Chao (Cifuentes) Xosé Manuel Olveira "Pico" (Ramón) Berta Ojea (Maruxa) Luma Gómez (Aniña) Antonio Durán "Morris" (Don Daniel) Antonio Mourelos (Don Matías) Manuel Lourenzo (Paco) Xosé Bonome (Josito) Finola Vázquez (Roxelia) Jean-Claude Guimard (Papá Cándido) Rosa Álvarez (Carmiña) Santi Prego (sacristán) Silvana Counago (Nerea) Isabel Risco (Presentadora) Paco Lodeiro (Presentador)

Galardóns e nomeamentos O filme obtivo 20 nomeamentos ós Premios Mestre Mateo 2008, dos cales gañou 9: mellor longametraxe, mellor dirección de produción (María Liaño), mellor dirección de fotografía (Suso Bello), mellor maquillaxe e peruquería (Raquel Fidalgo e Rosana Teijeiro), mellor deseño de vestiario (Saturna), mellor son (Carlos Faruolo), mellor interpretación masculina protagonista (Chete Lera), mellor interpretación feminina secundaria (Belén Constenla) e mellor interpretación masculina secundaria (Xosé Manuel Olveira "Pico").

Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado7ª ediciónMellor filmeÁngel de la Cruz GañadorMellor directorÁngel de la CruzNomeadoMellor actorChete Lera GañadorMellor actrizNeus AsensiNomeadaMellor actor secundarioXosé Manuel Olveira "Pico" GañadorAntonio Durán "Morris"NomeadoErnesto ChaoNomeadoMellor actriz secundariaBelén Constenla GañadoraBerta OjeaNomeadaMaría CastroNomeadaRosa ÁlvarezNomeadaMellor guiónÁngel de la CruzNomeadoMellor dirección de produciónMaría Liaño GañadorMellor dirección artísticaMarta VillarNomeadoMellor montaxeMercedes AltedNomeadoMellor música orixinalArturo KressNomeadoMellor sonCarlos Faroulo GañadorMellor fotografíaSuso Bello GañadorMellor maquillaxe e peiteadoRosana Teijeiro e Raquel Fidalgo GañadorasMellor deseño de vestiarioSaturna Gañadora

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Axencia Audiovisual Galega AVG IMDb

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Premio Mestre Mateo ó mellor filme Categoría:Filmes dirixidos por Ángel de la Cruz Categoría:Filmes de 2009 con versión en galego