Al final del camino é unha produción cinematográfica española estreada en 2009 e protagonizada por Malena Alterio e Fernando Tejero. Ambientada no Camiño de Santiago, a maioría das escenas foron rodadas en Galicia e no elenco atópase tamén o actor galego Javier Gutiérrez.

Sinopse Nacho (Fernando Tejero) e Pilar (Malena Alterio) son un fotógrafo e unha reporteira que non se aturan, pero vense obrigados a facerse pasar por parella. Deste xeito introdúcense no grupo de pacientes dun psicoterapeuta que, realizando o Camiño de Santiago, axuda a parellas en crise.

Outros datos Un dos temas musicais da película é "O tren", de Andrés do Barro. Esta película supón o cuarto traballo no que coinciden os dous protagonistas, sendo o máis coñecido a teleserie Aquí no hay quien viva.

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial Perfil oficial en MySpace Perfil oficial en Facebook

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes de ZircoZine Categoría:Filmes de Atresmedia Cine