Josep 'Pep' Guardiola i Sala, nado en Santpedor (Barcelona) o 18 de xaneiro de 1971, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español, que dirixe o Manchester City dende 2016. Amplamente considerado como un dos mellores adestradores de tódolos tempos, é o segundo técnico con máis títulos da historia, cun total de 39, só por detrás de Alex Ferguson. Entre as súas conquistas inclúe tres Ligas de Campións da UEFA, tres ligas españolas de Primeira División, tres Bundesligas alemás e seis Premier Leagues inglesas. É ademais o único adestrador con catro Copas Mundiais de Clubs, o único en ter gañado en dúas ocasións o triplete de liga, copa e máxima competición europea (unha co FC Barcelona e outra co Manchester City) e o único en conquistar seis títulos nunha mesma tempada.
Como futbolista xogaba de centrocampista e desenvolveu a maior parte da súa carreira deportiva no Barcelona, co que gañou seis ligas e unha Copa de Europa entre outros títulos. Foi internacional coa selección española, coa que participou no Mundial de 1994 e na Eurocopa de 2000, ademais de gañar a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1992.
Traxectoria miniatura|esquerda|Josep Guardiola Xogaba de centrocampista e o seu primeiro equipo foi o Fútbol Club Barcelona. Coa selección de fútbol de España disputou os Xogos Olímpicos de 1992, o Mundial de 1994 en Estados Unidos e a Eurocopa en 2000. Comezou adestrando ao FC Barcelona B, na súa primeira campaña no filial do club Catalán, onde lograría o ascenso de categoría. O 8 de maio de 2008 foi designado pola xunta directiva para adestrar ao Fútbol Club Barcelona para a tempada 2008/2009, en substitución de Frank Rijkaard, club co que acadou un fito histórico ao facer un sexteto coa consecución da Liga española, a Copa do Rei a Copa da Champions League, a Supercopa de España a Supercopa de Europa e o Mundial de Clubs.
Palmarés Como futbolista Barcelona B Segunda División B (1): 1990/91.
Barcelona Liga de España (6): 1990/91, 1991/92, 1992/93, 1993/94, 1997/98, 1998/99. Copa do Rei (2): 1996/97, 1997/98. Supercopa de España (4): 1991, 1992, 1994, 1996. Copa de Europa (1): 1991/92. Recopa de Europa (1): 1996/97. Supercopa de Europa (2): 1992, 1997.
España Xogos Olímpicos (1): Medalla de ouro 1992.
Como adestrador Barcelona B Terceira División (1): 2007/08.
Barcelona Liga de España (3): 2008/09, 2009/10, 2010/11. Copa do Rei (2): 2008/09, 2011/12. Supercopa de España (3): 2009, 2010, 2011. Liga de Campións (2): 2008/09, 2010/11. Supercopa de Europa (2): 2009, 2011. Copa Mundial de Clubs da FIFA (2): 2009, 2011.
Bayern de Múnic Bundesliga (3): 2013/14, 2014/15, 2015/16. Copa de Alemaña (2): 2013/14, 2015/16. Supercopa de Europa (1): 2013. Copa Mundial de Clubs da FIFA (1): 2013.
Manchester City Premier League (6): 2017/18, 2018/19, 2020/21, 2021/22, 2022/23, 2023/24. FA Cup (2): 2018/19, 2022/23. EFL Cup (4): 2017/18, 2018/19, 2019/20, 2020/21. Community Shield (3): 2018, 2019, 2024. Liga de Campións (1): 2022/23. Supercopa de Europa (1): 2023. Copa Mundial de Clubs da FIFA (1): 2023.
Distincións individuais Mellor adestrador masculino do mundo pola FIFA: 2011 Incluído no equipo do ano da UEFA: 2009, 2011 Mellor adestrador do mundo pola IFFHS: 2009, 2011 Mellor adestrador do mundo pola revista World Soccer: 2009, 2011 Once de Ouro ao mellor adestrador de Europa: 2009, 2011 Premio LFP ao mellor adestrador da Liga de España: 2009, 2011 Trofeo Miguel Muñoz ao mellor adestrador da Liga de España: 2009, 2010 Premio Don Balón ao mellor adestrador da Liga de España: 2009, 2010 Fillo predilecto de Santpedor: 2009 Premio Catalán do ano: 2009 Real Orde do Mérito Deportivo na categoría Medalla de Ouro:2010 Medalla de Honra do Parlamento de Cataluña: 2011
Véxase tamén Ligazóns externas
fcbarcelona.com - Ficha de Josep Guardiola
Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Santpedor Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Brescia Calcio Categoría:Xogadores do AS Roma Categoría:Xogadores do Dorados de Sinaloa Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por España Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do FC Barcelona B Categoría:Adestradores do FC Barcelona Categoría:Adestradores do FC Bayern München Categoría:Adestradores do Manchester City FC Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Adestradores gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1992 Categoría:Futbolistas olímpicos de España