O Partido Conservador e Unionista, máis coñecido como Partido Conservador (en inglés, Conservative Party ou Conservative and Unionist Party) é o partido político máis grande de dereitas do Reino Unido, o segundo máis grande en canto a número de membros pertencentes á Cámara dos Comúns para a actual lexislatura (193), o partido británico con maior número de afiliados, e o máis antigo do reino. Ademais, é o partido británico con máis vitorias electorais, e é considerado por algúns como o partido de dereita que máis éxitos ten acadado ao longo da súa historia. Dende 2024 a súa actual líder é Kemi Badenoch, quen á súa vez é a 'Leal Líder da Oposición da Súa Maxestade o rei' e testa do 'Gabinete na sombra'.

O Partido Conservador descende do 'Partido Tory' británico, presente durante o século XVIII e primeira metade do XIX. É por isto polo que aos actuais membros do Partido Conservador se lles siga a chamar tories, así como ao partido aínda se lle segue a chamar pola súa anterior denominación.

Os conservadores teñen sido o partido gobernante do Reino Unido en varias ocasións entre 1834 e 1997. Dende a perda do poder nas eleccións xerais de 1997, logo da vitoria do Partido Laborista de Tony Blair, teñen permanecido na oposición.

O Partido Conservador é membro da Unión Internacional Demócrata a nivel internacional, e dos Demócratas Europeos a nivel europeo. No Parlamento Europeo, os seus deputados pertencen ao grupo Partido Popular Europeo-Demócratas Europeos.

En marzo de 2009, o Partido Conservador rompeu co Partido Popular Europeo de cara ás Eleccións ao Parlamento Europeo, pedindo aos 800.000 ingleses residentes en España o voto para Alternativa Española.Los ‘tories’ piden a los británicos residentes en España que no voten al PP, sino a Alternativa Española (AES), hispanidad.com, 12 de marzo de 2009.

Véxase tamén Conservadorismo Tory (nome coloquial, orixinalmente pexorativo, que se dá aos seus membros) Euroescepticismo Política do Reino Unido

Notas

Ligazóns externas The Conservative Party, páxina oficial do Partido Conservador do Reino Unido.

Categoría:Partidos políticos do Reino Unido