O Partido Socialista Republicano Irlandés (en , IRSP; en ) é un partido político de ideoloxía republicana e socialista. Como moitos outros partidos políticos en Irlanda, reclámase herdeiro do legado do revolucionario socialista James Connolly, quen fundou o Partido Republicano Socialista Irlandés en 1896 e foi executado logo do Alzamento de Pascua de 1916.
O IRSP foi fundado o 8 de decembro de 1974 por antigos membros do Movemento Republicano Oficial, socialistas independentes e sindicalistas liderados por Seamus Costello. Unha sección paramilitar, o Irish National Liberation Army, foi fundada no mesmo día, malia que a súa existencia tentou agocharse até que o INLA puidese operar con efectividade. Seamus Costello foi elixido como primeiro presidente do partido e como presidente do consello de dirección do INLA. Xuntos, o IRSP e o INLA refírense a eles mesmos como o Movemento Socialista Republicano Irlandés.
Categoría:Partidos políticos de Irlanda Categoría:Partidos políticos de Irlanda do Norte