alt=|esquerda|miniatura|Edificios comerciais en Tashkent. Uzbekistán era unha das zonas máis pobres da antiga Unión Soviética con máis de 60% da súa poboación vivindo en comunidades rurais densamente poboadas. A súa economía estivo orientada desde a súa independencia a unha transición gradual a unha economía de mercado; con todo, o progreso en reformas económicos foi cauteloso e rexistrou algúns logros. Aínda non se eliminou a brecha entre o mercado negro e as taxas de cambio oficiais. O comercio restritivo do réxime e as súas políticas xeralmente intervencionistas seguen tendo efectos na súa economía. Entre as restricións imperantes atópase a capacidade de convertibilidade da moeda e outras medidas gobernamentais para controlar a actividade económica, incluíndo a implementación de severas restricións ás importacións e peches esporádicos das súas fronteiras cos veciños Kazakhstán, Kirguizistán e Tadjiikistán, os cales levaron a organizacións internacionais a suspender ou dar marcha atrás os créditos proxectos.
O Goberno de Uzbekistán, que traballa en estreita colaboración co Fondo Monetario Internacional, realizou considerables progresos na redución da inflación e o déficit orzamentario. A moeda nacional (o Som uzbeko) fíxose convertible en 2003 como parte do programa de estabilización deseñado polo FMI, aínda que seguen existindo algunhas restricións administrativas. A agricultura e a industria manufactureira contribúen igualmente na economía, representando cada un aproximadamente unha cuarta parte do PIB.(en ruso) Comité estatal da República de Uzbekistán sobre estatísticas Actualmente Uzbekistán é 2º maior exportador de algodón do mundo e o 5º produtor mundial, aínda que a importancia deste produto declinou significativamente desde a súa independencia. Así mesmo, Uzbekistán é un gran produtor de ouro, coa maior mina ao descuberto de ouro no mundo, posúe depósitos substanciais de cobre, minerais estratéxicos, e é tamén grande produtor de ouro e gas natural.
Notas
Categoría:Economía de Uzbekistán