miniatura|400px|Antíxenos dos grupos sanguíneos presentes nos glóbulos vermellos do sangue e anticorpos IgM presentes no plasma. O sistema ABO (letras a-be-o), que tamén foi chamado sistema AB0 (a-be-cero), de grupos sanguíneos é unha clasificación dos tipos de sangue atendendo á presenza na membrana dos eritrocitos de determinados antíxenos, que hoxe se pensa son unhas glicoproteínas (a parte de carbohidrato é a inmunoxénica). A detección do tipo de molécula presente pode realizarse mediante dous métodos: fenotipo: combínase o sangue cun antisoro que contén anticorpos, outras moléculas que reaccionan cos antíxenos producindo unha reacción de aglutinación; xenotipo: buscando o patrón xenético que determina as proteínas que crean os antíxenos;

Os tres sistemas coñecidos habitualmente proceden da fenotipación dos grupos, pero existen outros subgrupos especiais que teñen reaccións distintas: por exemplo, existe un subgrupo dentro do A que só se pode detectar xenotipicamente, pois non presenta reacción ante o antisoro A.

O nivel de reacción é importante, sobre todo tras un primeiro contacto, pois daquela xa se produciron anticorpos no sistema inmunitario do individuo receptor. Inda así, non é inmediato, como pode ser o caso do sistema Rhesus.

A súa distribución xeográfica no mundo é desigual e permite coñecer a evolución demográfica, xenética e migratoria das poboacións humanas. Utilízase en combinación coa tipoloxía lingüística para buscar a orixe da humanidade.

Sistemas de clasificación e nomenclatura miniatura|Jan Janský, que inventou o sistema dos tipos sanguíneos I, II, III, IV O serólogo checo Jan Janský presentou unha clasificación dos tipos sanguíneos en 1907 nunha revista local. Utilizou os números romanos I, II, III e IV (correspondentes aos modernos O, A, B e AB). Despois, de forma independente, o médico norteamericano William L. Moss ideou un sistema de clasificación lixeiramente diferente usando tamén a numeración romana; porén, os seus I, II, III e IV correspondían aos modernos AB, A, B e O (non coincidían cos de Janský).

Estes dous sistemas creaban confusión e un perigo potencial na práctica médica. O sistema de Moss foi adoptado no Reino Unido, Francia e os Estados Unidos, mentres que o de Janský era o preferido na maioría dos países europeos e mesmo nalgunhas partes dos Estados Unidos. Para resolver este caos, a Asociación Americana de Inmunólogos, a Sociedade de Bacteriólogos Americanos e a Asociación de Patólogos e Bacteriólogos fixeron unha recomendación conxunta en 1921 de que se adoptase a clasificación de Janský baseándose na súa prioridade. Pero esta recomendación non foi moi seguida, especialmente onde se estaba a usar o sistema de Moss.

En 1927, o patólogo e inmunohematólogo austríaco Karl Landsteiner trasladárase a traballar no Instituto Rockefeller de Investigación Médica de Nova York. Como membro dun comité do Consello Nacional de Investigación dedicado aos grupos sanguíneos, suxeriu substituír os sistemas de Janský e Moss coas letras O, A, B e AB. Outra confusión adicional foi o uso da cifra 0 (cero) para o termo alemán null ('cero', 'nulo') que introduciron Hirszfeld e von Dungern, porque outros usaban a letra O do alemán ohne, que significa 'sen' (ohne A, ohne B, 'sen A, sen B'); porén, entre estas dúas posibilidades Landsteiner escolleu esta última, a letra O. Esta clasificación foi adoptada polo Consello Nacional de Investigación e pola Liga das NaciónsA. S. Wiener. History of Blood Group Nomenclature. Publicado on line por Cambridge University Press: 01 de agosto de 2014. e acabou por coñecerse como clasificación do Consello Nacional de Investigación, clasificación Internacional, e máis popularmente a "nova" clasificación de Landsteiner. O novo sistema foi gradualmente aceptado e a principios da década de 1950, era xa seguido case universalmente (en Rusia aínda seguen o sistema de números romanos de Janský, e nalgúns países europeos como os de fala alemá usan o AB0). Erb IH «Blood Group Classifications, a Plea for Uniformity». Canadian Medical Association Journal, 42, 5, 01-05-1940, pàg. 418–21. PMC: 537907. . En España utilízase a notación ABO nos documentos do Ministerio de Sanidade,Ministerio de Sanidad. Manual de uso óptimo de componentes sanguíneos no DOG,CONSELLERÍA DE SANIDADE. DECRETO 163/2005, do 9 de xuño, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados pola Fundación Pública Centro de Transfusión Sanguínea de Galicia., no BOE,BOE-A-2005-15514 Real Decreto 1088/2005, de 16 de septiembre, por el que se establecen los requisitos técnicos y condiciones mínimas de la hemodonación y de los centros y servicios de transfusión.BOE-A-2007-3383 Orden SCO/322/2007, de 9 de febrero, por la que se establecen los requisitos de trazabilidad y de notificación de reacciones y efectos adversos graves de la sangre y de los componentes sanguíneos. e úsana en publicacións da Real Academia de Medicina de Galicia,Real Academia de Medicina de Galicia Historia de la Evolución de la Genética Forense Sociedade Española de Transfusión Sanguínea,Pilar Ortiza, Alfred Mingoa, Miguel Lozanoa, Miguel Ángel Vesgaa, Joan Ramon Grifolsa, Azucena Castrilloa, Manuel Algoraa, Íñigo Romóna, José Manuel Cárdenas Guía sobre la transfusión de componentes sanguíneos. Sociedade Española de Transfusión Sanguínea. Madrid. España. Sociedade Española de Hematoloxía e Hemoterapia Sociedad Española de Hematología y Hemoterapia (SEHH). Compatibilidad en Transfusión, mentres que nas publicacións en revistas científicas se poden atopar tanto ABO (maioritario no Google Académico) coma AB0.

Distribución mundial de grupos ABO e Rh por países +Distribución do tipo sanguíneo ABO e Rh por países (medias de poboación) País Poboación  O+  A+  B+ AB+  O-  A-  B- AB- AustraliaBlood Types - What Are They?, Australian Red Cross 21,262,641 40% 31% 8% 2% 9% 7% 2% 1% Austria 8,210,281 30% 33% 12% 6% 7% 8% 3% 1% Bélxica 10,414,336 38% 34% 8.5% 4.1% 7% 6% 1.5% 0.8% Brasil 198,739,269 36% 34% 8% 2.5% 9% 8% 2% 0.5% Canadá 33,487,208 39% 36% 7.6% 2.5% 7% 6% 1.4% 0.5% Dinamarca 5,500,510 35% 37% 8% 4% 6% 7% 2% 1% Estonia 1,299,371 30% 31% 20% 6% 4.5% 4.5% 3% 1% Finlandia 5,250,275 27% 38% 15% 7% 4% 6% 2% 1% Francia 62,150,775 36% 37% 9% 3% 6% 7% 1% 1% Alemaña:de:Blutgruppe#Häufigkeit der Blutgruppen 82,329,758 35% 37% 9% 4% 6% 6% 2% 1% Hong Kong 7,055,071 40% 26% 27% 7% 0.31% 0.19% 0.14% 0.05% Islandia 306,694 47.6% 26.4% 9.3% 1.6% 8.4% 4.6% 1.7% 0.4% India 1,166,079,217 36.5% 22.1% 30.9% 6.4% 2.0% 0.8% 1.1% 0.2% Irlanda 4,203,200 47% 26% 9% 2% 8% 5% 2% 1% IsraelThe national rescue service in Israel 7,233,701 32% 34% 17% 7% 3% 4% 2% 1% Países Baixos 16,715,999 39.5% 35% 6.7% 2.5% 7.5% 7% 1.3% 0.5% Nova ZelandiaWhat are Blood Groups? - NZ Blood 4,213,418 38% 32% 9% 3% 9% 6% 2% 1% Noruega 4,660,539 34% 42.5% 6.8% 3.4% 6% 7.5% 1.2% 0.6% PoloniaRegionalne Centrum Krwiodawstwa i Krwiolecznictwa we Wroclawiu 38,482,919 31% 32% 15% 7% 6% 6% 2% 1% PortugalPortuguese Blood Institute (assuming Rh and AB antigens are independent) 10,707,924 36.2% 39.8% 6.6% 2.9% 6.0% 6.6% 1.1% 0.5% Arabia Saudita 28,686,633 48% 24% 17% 4% 4% 2% 1% 0.23% Suráfrica 49,320,000 39% 32% 12% 3% 7% 5% 2% 1% España 40,525,002 36% 34% 8% 2.5% 9% 8% 2% 0.5% Suecia 9,059,651 32% 37% 10% 5% 6% 7% 2% 1% Turquía 76,805,524 29.8% 37.8% 14.2% 7.2% 3.9% 4.7% 1.6% 0.8% Reino Unido 61,113,205 37% 35% 8% 3% 7% 7% 2% 1% Estados Unidos 307,212,123 37.4% 35.7% 8.5% 3.4% 6.6% 6.3% 1.5% 0.6% Media ponderada total= 2,261,025,244 36.44% 28.27% 20.59% 5.06% 4.33% 3.52% 1.39% 0.45%

Distribución mundial de grupos ABO por grupos humanos

! Distribución racial e étnica dos grupos ABO (sen Rh)RACIAL & ETHNIC DISTRIBUTION of ABO BLOOD TYPES , BLOODBOOK.COM(Esta táboa tén máis entradas cá anterior, pero non distingue entre tipos Rh.)

Grupo humano O (%) A (%) B (%) AB (%) Aborixes 61 39 0 0

Abisinios 43 27 25 5

Ainu (Xapón) 17 32 32 18

Albaneses 38 43 13 6

de Gran Andamán 9 60 23 9

Árabes 34 31 29 6

Armenios 31 50 13 6

Asiáticos (dato xeneralizado para os Estados Unidos) 40 28 27 5

Austríacos 36 44 13 6

Bantús 46 30 19 5

Vascos 51 44 4 1

Belgas 47 42 8 3

Pés negros (Amerindios) 17 82 0 1

Bororo (Brasil) 100 0 0 0

Brasileiross 47 41 9 3

Búlgaros 32 44 15 8

Birmanos 36 24 33 7

Buryatos (Siberia) 33 21 38 8

Bosquímanos 56 34 9 2

Chineses (Cantón) 46 23 25 6

Chineses (Beijin) 29 27 32 13

Chuvacos 30 29 33 7

Checos 30 44 18 9

Daneses 41 44 11 4

Neerlandeses 45 43 9 3

Exipcios 33 36 24 8

Ingleses 47 42 9 3

Inuit (Alasca) 38 44 13 5

Inuit (Groenlandia) 54 36 23 8

Estonianos 34 36 23 8

Fixianos 44 34 17 6

Finlandeses 34 41 18 7

Franceses 43 47 7 3

Xeorxianos (Cáucaso) 46 37 12 4

Alemáns 41 43 11 5

Gregos 40 42 14 5

Xitanos (Hungría) 29 27 35 10

Hawaiianos 37 61 2 1

Hindis (Bombay) 32 29 28 11

Húngaros 36 43 16 5

Islandeses 56 32 10 3

Hindis (xeral) 37 22 33 7

Amerindios (xeral dos Estados Unidos) 79 16 4 1

Irlandeses 52 35 10 3

Italianos (Milán) 46 41 11 3

Xaponeses 30 38 22 10

Xudeus (Alemaña) 42 41 12 5

Xudeus (Polonia) 33 41 18 8

Kalmikios 26 23 41 11

Kikuyu (Kenya) 60 19 20 1

Coreanos 28 32 31 10

Saami 29 63 4 4

Letóns 32 37 24 7

Lituanos 40 34 20 6

Malaios 62 18 20 0

Maorís 46 54 1 0

Maias 98 1 1 1

Mouros (Mauritania) 64 16 20 0

Navaho (Amerindios) 73 27 0 0

das Illas Nicobar 74 9 15 1

Noruegueses 39 50 8 4

de Papua (Nova Guinea) 41 27 23 9

Persas (Irán) 38 33 22 7

Perú (Amerindios) 100 0 0 0

Filipinos 45 22 27 6

Polacos 33 39 20 9

Portugueses 35 53 8 4

Romaneses 34 41 19 6

Rusos 33 36 23 8

Sardos 50 26 19 5

Escoceses 51 34 12 3

Serbios 38 42 16 5

Shompen (das Illas Nicobar) 100 0 0 0

Eslovacos 42 37 16 5

Surafricanos 45 40 11 4

Españois 38 47 10 5

Sudaneses 62 16 21 0

Suecos 38 47 10 5

Suízos 40 50 7 3

Tártaros 28 30 29 13

Tailandeses 37 22 33 8

Turcos 43 34 18 6

Ucraínos 37 40 18 6

USA (negros) 49 27 20 4

USA (brancos) 45 40 11 4

Vietnamitas 42 22 30 5

Media 43.91 34.80 16.55 5.14

Desviación estándar 16.87 13.80 9.97 3.41

</table>

O grupo sanguíneo B ten a súa frecuencia máis alta no norte da India e a veciña Asia central, e a súa incidencia diminúe tanto cara ó oeste como cara ó leste e baixa a porcentaxes dunha soa cifra en España. Crese que estivo totalmente ausente das poboacións de aborixes australianos e dos nativos americanos antes da chegada dos europeos a estas zonas.

O grupo sanguíneo A asóciase con altas frecuencias en Europa, especialmente en Escandinavia e Europa central, aínda que as súas frecuencias máximas danse para algunhas poboacións aborixes australianas e os amerindios pés negros de Montana.

Notas

Categoría:Hematoloxía Categoría:Inmunoloxía Categoría:Sangue Categoría:Medicina transfusional Categoría:Grupos sanguíneos