A Asociación para o Comercio Xusto e Solidario Panxea é unha organización non gobernamental de axuda ao desenvolvemento e comercio xusto situada en Santiago de Compostela.
Traballo e organización Foi fundada en 1995 por un antigo grupo de voluntarios que buscaban a súa propia maneira de facer chegar o consumo responsábel, o comercio xusto e a acción social a Santiago de Compostela e Galicia.Páx.1
Panxea é gobernada de maneira asemblearia polos seus membros, que organizados por comisións, presentan e discuten as súas propostas. Ademais da asemblea xeral anual, ten reunións semanais, abertas á participación pública.Páx.2
Xunto ás actividades de educación social, sensibilización e axuda ao desenvolvemento, conta cunha tenda pública de produtos de comercio xusto e ecolóxico.
Forma parte da Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel, da Iniciativa pola Soberanía Alimentaria dos Pobos e do Espacio por un Comercio Justo (Espazo por un Comercio Xusto).
Panxea recibiu o Premio Vagalume 2006 concedido polo Concello de Santiago ao proceso de sensibilización e difusión do Comercio Xusto levado a cabo na cidade, ademais doutros premios e citacións menores.
Desde abril de 2010, Panxea organizouse coma Cooperativa Galega de Consumidores, baixo as siglas "Panxea S.C.G."
A actividade principal de Panxea adscríbese ao comercio xusto. A difusión principal lévase a cabo nun establecemento de venda ao público.
Os produtos son adquiridos mediante importadoras de Comercio Xusto, encargadas de garantir a orixe e respecto de dito produto aos principios internacionais do Comercio Xusto.
Os produtos ecolóxicos obtéñense de produtores locais, fomentando cadeas curtas de distribución e o respecto polo medio ambiente.
O resto da educación, difusión e sensibilización lévase a cabo mediante a preparación de actos, conferencias e obradoiros.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Soberanía alimentaria
Ligazóns externas PanxeaBlog
Categoría:Organizacións non gobernamentais Categoría:Asociacións de Galicia Categoría:Santiago de Compostela