Idriss Déby Itno, nado en Xamena (daquela na África Ecuatorial Francesa) o 18 de xuño de 1952 e finado o 20 de abril de 2021, foi un militar e político chadiano, presidente do Chad dende 1990 ata a súa morte en 2021. Era o líder do Movemento Patriótico de Salvación. Traxectoria

Despois de entrar na Escola de Oficiais na capital, Xamena, foi estudar a Francia, de onde retornou como piloto. Foi leal ao presidente Félix Malloum N'gakoutou ata 1979, cando este foi destituído do poder.

Idriss Déby destacouse no combate contra as forzas da Libia no leste do país.

O 2 de decembro de 1990, despois de derrubar a Hissène Habré do poder, tornouse novo presidente.

Véxase tamén

Categoría:Presidentes do Chad Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Asasinatos no Chad