Kurume (久留米市, くるめし, Kurume-shi) é un concello da prefectura de Fukuoka no Xapón. Está situado ó norte da rexión de Kyūshū e ó sur da prefectura, na zona da provincia histórica de Chikugo, na illa de Kyūshū. Ten 229,84 km² de superficie e unha poboación de 304.318 habitantes (2009). É a terceira cidade poboada da prefectura e a oitava da rexión.

O concello de Kurume limita cos concellos de Ogōri, Tachiarai, Asakura, Ukiha, Yame, Hirokawa, Chikugo, Ōki, Ōkawa (que son da prefectura de Fukuoka); Tosu, Miyaki e Kanzaki (que son da prefectura de Saga).

Cidades irmandadas Kōriyama-shi, prefectura de Fukushima, Xapón (1975) Modesto, California, Estados Unidos de América (1992).

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kurume .

Categoría:Prefectura de Fukuoka Categoría:Concellos do Xapón