miniatura|dereita|220px|Mestre de escola. Unha persoa docente, tamén chamada mestre e mestra, profesor e profesora ou pedagogo e pedagoga, é aquela que se dedica ao proceso de aprendizaxe e ensino. Adoitan ter recoñecida unha destreza notábel nunha determinada área do saber, con capacidade de ensinar e compartir os seus coñecementos con outras persoas, denominadas discípulos, aprendices, ou simplemente alumnos.

O profesorado que se encarga da educación formal e institucionalizada das etapas de educación infantil, primaria ou especial en escolas ou colexios adoitan ser chamados mestres e mestras. Tamén algúns mestres poden estar destinados en institutos de educación secundaria en programas de garantía social, educación compensatoria ou apoio a alumnos con necesidades educativas especiais, así como en centros de educación para persoas adultas.

O día 27 de novembro celébrase o Día do Mestre.. Celébrase nesta data en memoria do pedagogo relixioso aragonés, Xosé de Calasanz, que fundou unha escola en Roma para meniños pobres nese día de 1597. O papa Pío XII proclamouno patrón das escolas cristiás.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Pedagoxía Educación

Categoría:Teoría da Educación Categoría:Didáctica Categoría:Ocupacións