Rittō (栗東市, りっとうし, Rittō-shi) é un concello da prefectura de Shiga no Xapón. Está situado ao sur da prefectura, ao leste da rexión de Kinki e no centro-oeste da illa de Honshū. Ten 52,75 km² de superficie, unha poboación de 63.472 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 1.200 h/km².

O concello de Rittō limita cos concellos de Ōtsu, Kusatsu, Moriyama, Yasu, Konan e Kōka.

Historia 1 de outubro de 1954 - A vila de Rittō foi fundada pola fusión de catro concellos de aldeas do distrito de Kurita. 1 de outubro de 2001 - A vila de Rittō converteuse na cidade de Rittō.

Cidades irmandadas Birmingham, Míchigan, Estados Unidos (1976)

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Rittō .

Categoría:Prefectura de Shiga Categoría:Concellos do Xapón