Imabari (今治市, いまばりし, Imabari-shi) é un concello da prefectura de Ehime no Xapón. Está situado ao norte da prefectura, na zona Tōyo (significa a parte leste da provincia histórica de Iyo) e ao noroeste da rexión de Shikoku, na illa de Shikoku. Ten 419,85 km² de superficie, unha poboación de 169.551 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 404 h/km².

O concello de Imabari limita cos concellos de Matsuyama, Tōon e Saijō.

Xeografía Illas do arquipélago de Geiyo (芸予諸島). Illa de Hakata (伯方島). Illa de Ō-shima (大島). Illa de Ōmi-shima (大三島).

Transporte Autovía de Nishi-Seto (西瀬戸自動車道).

Cidades irmandadas Lakeland, Florida, Estados Unidos. Onomichi, prefectura de Hiroshima, Xapón. Ōta, prefectura de Gunma, Xapón. Cidade de Panamá, Panamá.

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Imabari .

Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Ehime