Jorge Lorenzo Guerrero, nado en Palma o 4 de maio de 1987, é un ex piloto de motociclismo e piloto de automobilismo español. É bicampión do mundo de 250cc despois de conseguilo nas temporadas 2006 e 2007, foi campión do mundo de MotoGP en 2010, 2012 e 2015.

Despois de acadar tres campionatos do mundo con Yamaha, no ano 2017 pasou a marca italiana Ducati. Retirouse do motociclismo en 2019.

En 2023, participou no campionato de Porsche Supercup co equipo Team Huber Racing con Licenza Italiana.

Traxectoria Inicios O seu pai, Chicho Lorenzo (nado en Caracas, fillo de pais galegos"Chicho Lorenzo: ´Mi hijo ha llegado donde quería, me gustaría que se retirara ya´", entrevista en La Opinión de A Coruña, 21 de novembro de 2012 .) montoulle a súa primeira moto aos 3 anos. Empezou en diversas categorías do campionato balear conseguindo o seu primeiro éxito nacional ao gañar a copa Aprilia de 50cc e a de 125cc. Grazas a isto deu o salto ao campionato de España de 125cc e ao campionato europeo onde conseguiu varios podios e vitorias.

125cc No ano 2002 Derbi fixouse nel e no seu 15º aniversario pasou a ser o piloto máis novo en participar nun Gran Premio de Motociclismo, ao participar no Gran Premio de Jerez do ano 2002 na categoría de 125cc. Esa temporada rematou no posto 21º do campionato de pilotos.

En 2003 conseguiu a súa primeira vitoria en 125cc con Derbi no Gran Premio do Brasil terminando no posto número 12 da clasificación.

2004 foi a consagración como piloto na categoría de 125cc ao gañar 3 grandes premios e terminar 4º na clasificación.

250cc En 2005, logo de correr durante tres temporadas en 125cc, deu o salto á categoría de 250cc cunha Honda RSW250 do equipo Fortuna Honda dirixido por Daniel Amatriain tendo como compañeiro a Héctor Barberá, acadando na súa temporada de debut na categoría 6 podios e 4 pole position, co que acabou en quinta posición ao final de campionato.

No 2006 o equipo dirixido por Daniel Amatriain cambiou de montura, trocando a Honda por Aprilia, co que Lorenzo pasou a pilotar a Aprilia RS250, sendo xa piloto oficial de Aprilia. Este cambio supuxo o seu primeiro título mundial con 8 triunfos en carreiras do mundial.

No 2007 volveu gañar o campionato do mundo de 250cc moito máis comodamente que na temporada anterior ao gañar 9 carreiras.

MotoGP miniatura|250px|dereita|Jorge Lorenzo coa Yamaha YZR-M1 en 2008 miniatura|250px|dereita|Jorge Lorenzo con Valentino Rossi en Francia 2010 Na temporada 2008 Lorenzo pasou á categoría raíña ao asinar co equipo oficial de Yamaha, sendo o seu compañeiro de equipo o oito veces campión do mundo Valentino Rossi.

Aínda que Rossi e Lorenzo levan a mesma montura non usarán o mesmo provedor de pneumáticos: Lorenzo usará Michelin e Rossi montará Bridgestone, despois do bo rendemento dos pneumáticos nipóns no 2007.

O 8 de marzo de 2008, Jorge Lorenzo logrou a pole na súa primeira carreira na categoría raíña do motociclismo.

Un día despois, na súa primeira carreira en MotoGP, conseguiu subir ao podio en segunda posición, por detrás de Casey Stoner e diante de Dani Pedrosa.

Na segunda carreira da temporada, no circuíto de Jerez, conseguiu a segunda pole position da súa carreira, facéndoo por segunda carreira consecutiva, polo que pasou a ser o primeiro piloto, novato na categoría raíña en facer dúas poles nas dúas primeiras carreiras da temporada. Ao final da carreira finalizaría en 3ª posición, por detrás do seu compañeiro de equipo, Valentino Rossi e o español Dani Pedrosa.

No Gran Premio de Portugal (partindo por 3ª vez consecutiva desde a pole); conseguiu a súa primeira vitoria en MotoGP logo de abrir un pequeno oco a metade de carreira despois dunha disputa corpo a corpo con Valentino Rossi e Dani Pedrosa, que foron terceiro e segundo respectivamente. Nesta carreira pasou a ser líder do Mundial, compartido con Pedrosa, acadándoo por primeira vez nesta categoría.

En 2009 Jorge Lorenzo e o seu compañeiro de equipo, Valentino Rossi, protagonizan unha das carreiras máis axustadas dos últimos anos, no gran premio de Cataluña, sendo o gañador Rossi quen adiantou a Lorenzo na última curva do circuíto. Tras finalizar a carreira Jorge admitiu estar orgulloso xa que perdeu co mellor, pero estando orgulloso da súa participación.

En 2010 outra vez Jorge Lorenzo e Valentino Rossi protagonizan unha gran loita no gran premio do Xapón, pelexando de xeito conxunto polo terceiro lugar do podio, quedando por diante Rossi con quen protagonizou varios adiantamentos na última volta, demostrando maior experiencia o piloto transalpino tras unha tempada de resultados irregulares.

O día 10 de outubro de 2010, no gran premio de Malaisia, Jorge Lorenzo proclamouse campión do mundo de MotoGP terminando a carreira en terceira posición, gañou as seguintes probas e coroouse coa marca de puntos da categoría, un total de 383 puntos.

Palmarés Por tempada TempadaCategoríaMotoCarreiras disputadasVitoriasPodiosPolesVoltas rápidasPuntosPosición final2002125 ccDerbi1400002121º2003125 ccDerbi1612117912º2004125 ccDerbi1637221794º2005250 ccHonda1506401675º2006250 ccAprilia168111012891º2007250 ccAprilia17912933121º2008MotoGPYamaha1716411904º2009MotoGPYamaha17412542612º2010MotoGPYamaha18916743831º2011MotoGPYamaha16310222602º2012MotoGPYamaha18616753501º2013MotoGPYamaha17814423302º2014MotoGPYamaha18211202533º2015MotoGPYamaha18712523301°2016MotoGPYamaha18410422333ºTotal2506514465353504

Carreiras por ano (As carreiras en negra indican as pole position, as carreiras en cursiva indican volta rápida)

Tempada Categoría Moto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos Pts 2002 125 cc Derbi XAP RSA ESP 22 FRA 19 ITA 20 CAT 14 HOL 16 GBR 13 ALE 17 CHE 20 POR Ret BRA 7 PAC 9 MAL 20 AUS Ret VAL 22 21º 21 2003 125 cc Derbi XAP Ret RSA 24 ESP 15 FRA Ret ITA Ret CAT 6 HOL Ret GBR Ret ALE 21 CHE 12 POR 6 BRA 1 PAC Ret MAL 3 AUS 8 VAL 11 12º 79 2004 125 cc Derbi RSA 16 ESP Ret FRA 3 ITA 10 CAT 5 HOL 1 BRA Ret ALE 6 GBR 3 CHE 1 POR 3 XAP 7 QAT 1 MAL Ret AUS 2 VAL Ret 4º 179 2005 250 cc Honda ESP 6 POR 10 CHN 9 FRA 5 ITA 2 CAT Ret HOL 3 GBR 8 ALE Ret CHE 2 XAP Ret MAL Ex QAT 2 AUS 3 TUR 4 VAL 2 5º 167 2006 250 cc Aprilia ESP 1 QAT 1 TUR Ret CHN 4 FRA Ret ITA 1 CAT 2 HOL 1 GBR 1 ALE 3 CHE 1 MAL 1 AUS 1 XAP 3 POR 5 VAL 4 1eiro 289 2007 250 cc Aprilia QAT 1 ESP 1 TUR 2 CHN 1 FRA 1 ITA 8 CAT 1 GBR Ret HOL 1 ALE 4 CHE 1 SMR 1 POR 3 XAP 11 AUS 1 MAL 3 VAL 7 1eiro 312 2008 MotoGP Yamaha QAT 2 ESP 3 POR 1 CHN 4 FRA 2 ITA Ret CAT Inj GBR 6 HOL 6 ALE Ret EUA Ret CHE 10 SMR 2 IND 3 XAP 4 AUS 4 MAL Ret VAL 8 4º 190 2009 MotoGP Yamaha QAT3 XAP1 ESPRet FRA1 ITA2 CAT2 HOL2 EUA3 ALE2 GBRRet CHERet IND1 SMR2 POR1 AUSRet MAL4 VAL3 2º 261 2010 MotoGP Yamaha QAT2 ESP1 FRA1 ITA2 GBR1 HOL1 CAT1 ALE2 EUA1 CHE1 IND3 SMR2 ARA4 XAP4 MAL3 AUS2 POR1 VAL1 1eiro 383 2011 MotoGP Yamaha QAT2 ESP1 POR2 FRA4 CAT2 GBRRet HOL6 ITA1 ALE2 EUA2 CHE4 IND4 SMR1 ARA3 XAP2 AUSDNS MALC VAL 2º 260 2012 MotoGP YamahaQAT1 SPA2 POR2 FRA1 CAT1 GBR1 NEDRet ITA2 GER1 USA2 IND2 CZE2 RSM1 ARA2 XAP2 MAL2 AUS2 VALRet 1º 350 2013 MotoGP YamahaQAT1AME3 SPA3 FRA7 ITA1 CAT1 NED5 GERDNS USA6 IND3 CZE3 GBR1 RSM1 ARA2 MAL3 AUS1 XAP1 VAL1 2º 330

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial de Jorge Lorenzo Páxina web oficial de Yamaha competición

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Palma Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Españois de ascendencia galega Categoría:Pilotos de 125 cc Categoría:Campións do mundo de 250 cc Categoría:Campións do mundo de MotoGP Categoría:Pilotos de motociclismo de España